209 2024ANPA Monte Do Muíño

Detalle noticia

BLog Img
10/09/2024 Publicado por: ANPA Comedor 245 Visto

INSTRUCIÓNS SERVIZOS CURSO 2024-2025

Instrucións para o comezo do curso 2024-2025, para os servizos de madrugadores, cambiacueiros e comedor

A continuación indicamos as pautas, normas ou instrucións a seguir para o correto funcionamento dos servizos, xestionados pola ANPA Monte do Muiño, para este curso 2024/2025.

Recordade que o REGULAMENTO DE SERVIZOS e de obrigado cumplimento por todalas partes.

MADRUGADORES
  • Entrada pola porta principal entre as 7:30 e as 8:45. Se deberá timbrar e un monitor acudirá a porta para recibir o alumn@.
  • Hora límite de entrada para o almorzo: as 8:15, a partir de dita hora non se darán almorzos.
  • MENÚ: Jardanay enviará o menú correspondente os almorzos.
CAMBIACUEIROS:
Deberá entregarse a caixa coa muda o antes posible, en outro caso non se poderá prestar o servizo. Haberá dous métodos a recollida da caixa:
  • Alumnado de madrugadores: entregará a caixa os monitores de Jardanay a entrada a este servizo.
  • Resto de alumnado: entregará a caixa en conserxería, ou si asiste a comedor poderá entregara tamén en dito servizo os monitores.

E MOI IMPORTANTE QUE se cumpran as seguintes normas para o servizo:

  • A caixa debe estar identificada co nome do alumn@
  • RECOMENDACIÓN: para facilitar a almacenaxe, dentro do posible, solicitase que a caixa proporcionada sexa o seguinte modelo de IKEA: Caixa SAMLA, con tapa, transparente, de 28x20x14 cm (5 litros).
  • Segundo recolle o regulamento de comedor: "A muda debe constar de: muda exterior cómoda (chándal, mallas ou similar) , roupa interior e calcetíns, sendo opcional o depósito dun calzado adicional e toalliñas húmidas. Toda a roupa debe estar marcada co nome do neno/a." Para este curso 2024/2025, será obrigatorio o depósito dun calzado de reposto.
  • Ante a ausencia de muda limpa no centro, non se poderá prestar el servizo.
  • O servizo de cambiacueiros NON inclue o horario de actividades extraescolares, nese caso se deberá acudir o centro a cambiar ao alumn@.

COMEDOR:

  • Lavado de dentes: Os alumn@s poderán traer o neceser de aseo dende o primeiro día do cole, o lavado de dentes será opcional. Coma o curso pasado, deberá ser un estocho (pequeno) con peche de cremalleira, que quedará en depósito no comedor e será enviado a casa cada venres para a sua revisión e LIMPIEZA. O estucho conterá: cepillo de dentes, toalla pequena e pasta de dentes.
  • SAÍDAS: Se mantén o procedemento aplicado o curso pasado, de modo que se realizará entre as 15:30 e as 16:00, da seguiente forma:
    • INFANTIL: sairá pola porta do Ximnasio.
    • PRIMARIA: sairá polo patio cuberto (pista polideportiva).
    • Irmá/n/s Infantil + Primaria: No caso de qeu algún dos irmás/ns sexa de infantil, sairán todos pola porta de Infantil. No caso de que o/s alumn@/s de infantil quede/n a extraescolares e non o/s seu/s irmá/n/s, estes sairán pola súa saída correspondente de primaria.
    • Soamente se entregarán os alumn@s as persoas debidamente autorizadas ante Jardanay, e ditas persoas deberán acudir identificadas co seu DNI/NIE.
  • MENÚ: Jardanay enviará o menú correspondente a comedor, e se encontrará dispoñible na súa plataforma (en breve o colgaremos tamén en esta web).
  • USUARIOS CON BECA COMEDOR: Recordamos que o concello de A Coruña exixe a asistencia o servizo de comedor dende o primeiro día da escola (a excepción do periodo de adaptación de infantil). Revisade as condicións da beca, porque existen un límite de ausencias sen causa xustificada (e o seu incumprimento podería conlevar a retirada da beca).

PARA MÁIS INFORMACIÓN SOBRE OS SERVIZOS, CONSULTAR A NOVA RELACIONADA: AQUÍ