COMEDOR, CAMBIACUEIROS E MADRUGADORES: Curso 2025-2026
Condicións, prazos e operativa dos servizos de Comedor, Cambiacueiros e Madrugadores para o curso 2025-2026
O curso 2025/2026 os servizos serán realizados pola empresa Jardanay, que se encargará de ofrecer os servizos xestionados pola ANPA no CEIPP Novo Mesoiro. Detallase a continuación a información dos servizos, e podedes consultar o detalle no díptico axunto a esta nova.
IMPORTANTE! Calquera usuario, esporádico ou non, deberá rexistrarse co nome do titor completo e correcto (segundo DNI), igual que na ficha de socio da ANPA (onde deberá constar o titor rexistrado no servizo de comedor, evidentemente, soamente no caso de ser socios). As diferenzas nas inscricións están a xerar moitos erros e retrasos cando corresponde facer o reparto dos cheques da subvención de comedor.
PRAZOS E PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN:
- INSCRICIÓNS (para comezar a usar os servizos en setembro): Dende o 21 de xuño ata o 31 de agosto, ambos incluídos na plataforma online de Jardanay. Inscrición AQUÍ.
- O servizo comezará o primeiro día lectivo do curso 2025/2026 (o 08/09/25) e finalizarán o último día do curso (o 19/06/26).
- ALTAS, BAIXAS OU MODIFICACIÓNS (durante todo o curso): ata o día 26 do mes en curso, e se farán efectivas unicamente a partir do día 1 do mes seguinte. Se realizarán na mesma plataforma de Jardanay. Soamente serán admitidas as altas, baixas ou modificacións tramitadas a través da plataforma online de Jardanay.
- As solicitudes deben rexistrar o número de socio da ANPA (que será verificado) ou a acreditación do pago da matrícula de acceso os servizos (socios con matrícula gratuíta). Non serán válidas as solicitudes fora dos prazos ou con defectos de forma, considerando tamén defecto de forma non cumprir este requisito.
- Datos para acceder a área privada do CEIPP Novo Mesoiro:
- Usuario: novomesoiro
- Contrasinal: comedores2025
OPERATIVA:
- Para o acceso os servizos, será necesario abonar unha cota de xestión de 100€ (EXENTOS do pago SOCIOS da ANPA). Todo aquel que desexe contratar os servizos, pero NON ser SOCIO, deberá contactar por email coa ANPA para xestionar o abono da cota de xestión.
- A contratación de calquera dos servizos (comedor, cambiacueiros ou madrugadores) supón a aceptación e obrigado cumprimento do regulamento dos servizos. O podedes encontrar na documentación da ANPA subida na web, Regulamento AQUÍ.
DIETAS E ALERXIAS:
- ALERXIAS: IMPRESCINDIBLE comunicalas mediante o formulario dispoñible na área privada do noso centro, na plataforma de Jardanay, no apartado de "Dietas especiais".
- DIETA BRANDA: Notificaranse o teléfono do coordinad@r do noso centro ou a oficina de Jardanay, antes das 9:00 da maña do día correspondente.
SERVIZOS E TARIFAS:
As tarifas actualizadas para o curso 2025/2026 están dispoñibles no díptico axunto a esta nova.
Os pagos serán mediante domiciliación bancaria, e o cargo o realizará Jardanay (esta ANPA non xestiona nin realiza cargos en conta os usuarios dos servizos nin os seus socios).
Servizos ofrecidos para o curso 2025/2026:
- COMEDOR **: Dispón de modalidades fixas (de 1 a 4 días a semana, ou todo o mes) e uso esporádico.
- CAMBIACUEIROS: Dispón de modalidade mensual, cun custo por contratación e un pago adicional por cada intervención realizada.
- MADRUGADORES **: Dispón de modalidades fixas (de 1 a 4 días a semana, ou todo o mes) e uso esporádico.
** A empresa aplica un desconto cando dous ou máis irmás fan uso do mesmo servizos.
USUARIOS ESPORÁDICOS:
Os usuarios esporádicos (días soltos e variables en función do mes) deberán estar dados de alta na plataforma de Jardanay previamente, e adquirir un vale cando desexen facer uso dalgún dos servizos. Para a adquisición dos vales, deberá facerse uso da plataforma de Jardanay dispoñible en: Vales Jardanay Esporádicos
Instrucións para mercar os vales do noso cole:
- Seleccionar o servizo a mercar (comedor, madrugadores con/sen almorzo e/ou seguro escolar).
- Seleccionar o centro escolar CEIP Novo Mesoiro, e darlle a mercar. O sistema levará a cesta da compra, onde se poderá indicar o número de vales desexados.
- Cubrir os datos solicitados, do titor que inscribe ao alumn@ e do alumn@.
- No caso de querer comprar máis dun servizo, volver atrás a páxina xeral, marcar o novo servizo e repetir os puntos anteriores.
- Unha vez rematado, clicar en "Rematar compra". Nese momento o usuario será redirixido a plataforma de pago (tarxeta bancaria ou bizum).
- O comprobante do pago chegará o email. E preciso presentar o número de pedido e os artículos da compra os responsables do servizo o día de asistencia, poderá ser un pantallazo, adiantalo por whatsapp a coordinadora ou de palabra.
IMPORTANTE: Os usuarios esporádicos abonarán o seguro coa primeira asistencia o servizo, os usuarios habituais realizan dito pago no primeiro mes de facturación.
INSTRUCIÓNS PARA FACER USO DOS SERVIZOS: AQUÍ (Permanecen en vigor as instrucións do curso pasado)