COMEDOR, CAMBIACUEIROS E MADRUGADORES: Curso 2024-2025
Condicións, prazos e operativa dos servizos de Comedor, Cambiacueiros e Madrugadores para o curso 2024-2025
Este curso 2024/2025 volveremos a contar coa empresa Jardanay, que se encargará de ofrecer os servizos xestionados pola ANPA no CEIPP Novo Mesoiro.
A continuación, detallamos os datos máis relevantes dos servizos, pero tedes o detalle da información no díptico axunto a esta nova.
PRAZOS E PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN:
- Inscricións nos servizos dende o INICIO DE CURSO: do día 1 ao 31 de agosto, ambos incluídos na plataforma online de Jardanay. Inscrición AQUÍ.
- Os servizos comezarán a prestarse o día de inicio do curso (11 de setembro de 2024) e finalizarán o último día do curso.
- Altas, baixas ou modificacións para o resto do curso escolar: ata o día 26 do mes en curso, e se farán efectivas únicamente a partir do día 1 do mes seguinte. Se realizarán na mesma plataforma de Jardanay.
- Soamente serán admitidas as altas, baixas ou modificacións tramitadas a través da plataforma online de Jardanay.
- Non serán válidas as solicitudes fora dos prazos ou con defectos de forma.
- Datos para acceder a área privada do CEIPP Novo Mesoiro:
- Usuario: novomesoiro
- Contrasinal: comedores2024
OPERATIVA:
- Para o acceso os servizos, será necesario abonar unha cota de xestión de 100€ (EXENTOS do pago SOCIOS da ANPA). Todo aquel que desexe contratar os servizos, pero NON ser SOCIO, deberá contactar por email coa ANPA para xestionar o abono da cota de xestión.
- A contratación de calquera dos servizos (comedor, cambiacueiros ou madrugadores) supón a aceptación e obrigado cumprimento do regulamento dos servizos. O podedes encontrar na documentación da ANPA subida na web, Regulamento AQUÍ.
DIETAS E ALERXIAS:
- ALERXIAS: IMPRESCINDIBLE comunicalas mediante o formulario dispoñible na área privada do noso centro, na plataforma de Jardanay, no apartado de "Dietas especiais".
- DIETA BRANDA: Notificaranse o teléfono do coordinad@r do noso centro ou a oficina de Jardanay, antes das 9:00 da maña do día correspondente.
SERVIZOS E TARIFAS:
As tarifas actualizadas para o curso 2024/2025 están dispoñibles no díptico axunto a esta nova.
Os pagos serán mediante domiciliación bancaria, e o cargo o realizará Jardanay (esta ANPA non xestiona nin realiza cargos en conta os usuarios dos servizos nin os seus socios).
Servizos ofrecidos para o curso 2024/2025:
- COMEDOR **: Dispón de modalidades fixas (de 1 a 4 días a semana, ou todo o mes) e uso esporádico.
- CAMBIACUEIROS: Dispón de modalidade mensual, cun custo por contratación e un pago adicional por cada intervención realizada.
- MADRUGADORES **: Dispón de modalidades fixas (de 1 a 4 días a semana, ou todo o mes) e uso esporádico.
** A empresa aplica un desconto cando dous ou máis irmás fan uso do mesmo servizos.
USUARIOS ESPORÁDICOS:
Dende o curso 2024/2025 Jardanay pon en marcha o servizo de vales, xa non é posible facer o pago directamente o día do servizo.
Para a compra dos vales, de cada un dos servizos necesarios, deberá facerse uso da plataforma de Jardanay dispoñible en: Vales Jardanay Esporádicos
Instruccións para mercar os vales do noso cole:
- Seleccionar o servizo a mercar (comedor, madrugadores con/sen almorzo e/ou seguro escolar).
- Seleccionar o centro escolar CEIP Novo Mesoiro, e darlle a mercar. O sistema levará a cesta da compra, onde se poderá indicar o número de vales desexados.
- Cubrir os datos solicitados, do titor que inscribe ao alumn@ e do alumn@.
- No caso de querer comprar máis dun servizo, volver atrás a páxina xeral, marcar o novo servizo e repetir os puntos anteriores.
- Unha vez rematado, clicar en "Rematar compra". Nese momento o usuario será redirixido a plataforma de pago (tarxeta bancaria ou bizum).
- O comprobante do pago chegará o email. E preciso presentar o número de pedido e os artículos da compra os responsables do servizo o día de asistencia, poderá ser un pantallazo, adiantalo por whatsapp a coordinadora ou de palabra.
NOTA: Os usuarios esporádicos abonarán o seguro coa primeira asistencia o servizo, os usuarios habituais realizan dito pago no primeiro mes de facturación.
OUTRAS NOVAS RELACIONADAS COS SERVIZOS: AQUÍ