Curso 2026-2027: Actividades Extraescolares
Información relativa as actividades extraescolares ofertadas para o curso 2026-2027
A continuación se indican as condicións das actividades extraescolares ofertadas de cara o curso 2026/2027:
INFORMACIÓN IMPORTANTE:
- A información indicada a continuación fai referencia a oferta inicial para o curso 2026/2027, o calendario definitivo de extraescolares depende de que se acade o número mínimo de inscritos necesarios para levalas a cabo. En caso de non acadar o mínimo de inscritos establecido por cada unha das empresas, unha ou varias actividades poderán ser eliminadas da oferta. Por este motivo, e MOI IMPORTANTE que fagades as inscricións en prazo, dado que polo contrario podería non manterse a oferta actual.
- Nota a 02/07/26: Recordamos que, igual que se aplican criterios mínimos de inscrición, se aplica un máximo variable segundo a actividade e condicións das empresas e o espazo que temos dispoñible no centro. Este máximo tamén aplica as actividades da Federación de ANPAs, polo que a inscrición non asegura a praza, esta deberá ser confirmada pola empresa correspondente.
- Nota a 07/07/26: No caso de acadarse o máximo de inscritos, salvo indicación contraria da empresa, aplicarase como criterio a orde de entrada das inscricións. En concreto, no caso da Federación de ANPAs, esta condición está incorporada nas instrucións para este curso.
- A ANPA Monte do Muiño xestiona e coordina as empresas que levan a cabo as actividades extraescolares no noso centro, serán as empresas as que vos confirmen a alta da actividade ou a sua cancelación (no caso de non acadarse o mínimo de inscritos).
- A oferta se divide en:
- Empresas e autónomos dedicados o desenvolvemento de actividades: Activa, Galicia Rollers, Ximnasio Fibra, Jose Luis Vázquez Rosales, Family Corner, C.D. Calasanz e Club Ciclista Coruñés.
- Federación de ANPAs: a Federación ofrece un programa de actividades en cooperación co Concello da Coruña, as que temos acceso por ser unha ANPA federada. Neste caso, en setembro se leva a cabo o programa Cóxegas, e en outubro comezarían as actividades especificas (de ahí a existencia de dous prazos para este caso).
- Aqueles alumn@s con condicións particulares como alerxias, intolerancias, necesidades especiais, minusvalías, etc., que poidan interferir no desenvolvemento da actividade, deberán informar a empresa da actividade por escrito da súa casuística. Cada unha das empresas evaluará a viabilidade da inscrición en función das necesidades particulares de cada caso.
- Cada unha das empresas debe ser informada dos autorizados a recollida dos alumn@s.
- Nin esta ANPA nin o CEIP poden facilitar información de contacto, de autorizados, nin ningunha outra información confidencial as empresas. Por tanto, son responsables os titores de informar as empresas das condicións particulares de cada caso, e estas deben custodiar de forma segura a información facilitada.
- PRAZOS DE INSCRICIÓN: OLLO! Hai diferentes prazos para Federación de ANPAs
- INICIO SETEMBRO 2026:
- Empresas e autónomos: Para comezar a facer uso do servizo en setembro, o prazo de inscrición é do 1 de xullo de 2026 ata o 22 de xullo de 2026 *Non se aceptarán inscricións fora de prazo.
- Federación de ANPAs - Programa Cóxegas:
- Prazo inscrición: Do 1 de xullo ao 2 de setembro ás 12:00 h do mediodía.
- Enlace de formulario de inscrición (icono correspondiente): https://app.fedapascoruna.org/login
- Publicación dos grupos que saen: 3 de setembro. Enviarase correo ás familias e ANPAS
- Pago da cota: no momento da inscripción a través do formulario. Se non se forma grupo devolveríase a cota aboada.
- Realización: Do 9 ao 30 de setembro de 2026
- INICIO OUTUBRO 2026 - Só de Federación de ANPAs - Programas LECER (Deporte no centro, Arte e Cultura e Idiomas):
- Prazos inscrición: Do 1 de xullo ao 14 de setembro do 2026 ás 12:00h. ás 23:59 h.
- Enlace do formulario de inscrición (icono correspondiente): https://app.fedapascoruna.org/login
- Realización: Do 1 octubre do 2026 ao 19 de xuño de 2027
- Baixas mensuais: Comunicación da baixa antes do 20 de cada mes para que sexa efectiva ao mes seguinte.
- RESTO DO CURSO: soamente se poderán completar inscricións en actividades que acadaran o mínimo de inscritos no mes de xullo (e sempre que non acadaran o máximo de alumn@s admitidos). As datas límite para modificacións, altas e baixa variarán dependendo da empresa que oferte a actividade, e serán efectivas a partir do día 1 do mes seguinte.
- Condicións de acceso os servizos:
- Os socios da ANPA NON teñen que abonar a matrícula de acceso os servizos, pero SI deberán indicar o número de socio no rexistro e estar o corrente de pago da cota (30€ anuais) do curso 2026/2027. De non atoparse o corrente do pago, a solicitude de inscrición nos servizos será rexeitada. Condicións de Renovacións/Altas socios curso 2026/2027: aquí
- As familias que non desexen ser socias, deberán contactar coa ANPA no email "info@anpamontedomuino.es", onde recibirán instrucións para o pago da matrícula (100€ anuais).
- O incumprimento das indicacións ou do regulamento poderá supoñer o rexeitamento na inscrición ou baixa nos servizos.
- Axunto a esta nova tedes a información resumida das actividades e condicións das diferentes empresas. Da Federación de ANPAs tedes os programas completos de actividades, tede en conta só as que figuran na oferta do noso centro (que non son a totalidade das existentes).
- A información de entradas/saídas se publicará de cara o mes de setembro.
OFERTA ACTIVIDADES:
Unha vez pechado o prazo de inscrición das empresas privadas: Ver horario completo aquí (pendente peche do prazo da Federación de ANPAs)
ENLACES INSCRICIÓN E CONTACTOS POR EMPRESAS:
- FEDERACIÓN DE ANPAs:
- Aplicación de xestión/consulta: Cicerón - Xestión de ANPAs
- Contacto: 981 202 002 - 981 201 877
- Actividades empresa:
- Setembro: Cóxegas
- Dende outubro: Eureka, Prepatinaxe 1 e 2, Deseño de Seu, Ritmo, Ximnasia Rítmica, Pre-Xadrez e Xadrez, Xogos Tradicionais 1 e 2, English Lab (só infantil) e Escape Room
- Data límite altas e baixas: día 20 de cada mes, con efecto o día 1 do mes seguinte (tanto para altas como para baixas).
- CD CALASANZ:
- Inscrición aquí: Inscrición Fútbol - APP Cluber
- Contacto: 691 41 52 91
- Actividades empresa: Fútbol
- Data límite altas e baixas: día 22 de cada mes, con efecto o día 1 do mes seguinte (tanto para altas como para baixas).
- GALICIA ROLLERS:
- XIMNASIO FIBRA:
- Inscrición aquí: Formulario Judo
- Contacto: gimnasiofibra79@gmail.com
- Actividades empresa: Judo
- Data límite altas e baixas: día 25 de cada mes, con efecto o día 1 do mes seguinte (tanto para altas como para baixas).
- BAILE GALEGO E PANDEIRETA:
- ACTIVA:
- Indicacións en díptico axunto. Resumen:
- Rexistro en Web ACTIVA - Rexistro
- Inscribir alumno no colexio: ANPA CEIP NOVO MESOIRO
- Agardar correo de Activa (ata recepción non continuar co paso 4º)
- Inscrición na actividade Web ACTIVA - Inscrición
- Contacto: galicia@activa.org
- Actividades empresa:
Lettering, Ballet, Baile Moderno, Teatro e Deseño&Moda --> 28/07/26: Non acadaron mínimo de inscrición as actividades tachadas.
- Data límite altas e baixas: día 20 de cada mes, con efecto o día 1 do mes seguinte (tanto para altas como para baixas).
- FAMILY CORNER:
- Inscrición aquí: Formulario Inglés - Family Corner
- Contacto: 699938584
- Actividades empresa: Inglés (a partir de 6ºEI)
- Data límite altas e baixas: día 20 de cada mes, con efecto o día 1 do mes seguinte (tanto para altas como para baixas).
- CLUB CICLISTA CORUÑÉS:
- Inscrición aquí: Inscrición Ciclismo
- Contacto: 681 94 04 88
- Actividades empresa: Ciclismo
- Data límite altas e baixas: día 20 de cada mes, con efecto o día 1 do mes seguinte (tanto para altas como para baixas).