209 2024ANPA Monte Do Muíño

Sobre a ANPA

Sobre a ANPA

  • A ANPA Monte do Muiño, está formada por tódolos pais, nais e titores, de alumnos do CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro, que deciden formar parte desta asociación.
  • A Xunta Directiva da ANPA Monte do Muiño, está formada por un subconxunto dos pais, nais e titores dos alumnos do centro. De forma voluntaria e desinteresada, os membros desta xunta teñen como finalidade principal o seguemento e supervisión do bo funcionamento do noso centro.
  • Buscamos ser un nexo de unión entre as familias e o centro, tratando de construír unha estrutura de apoio e comunicación entre as familias e a escola.
  • Traballamos en pro de conseguir mellorar o noso centro (tede en conta que trátase do centro máis novo da nosa contorna, e por iso ten tamén moitas necesidades), colaboramos cos mestres, coa directiva do CEIP, tratamos de fomentar a conciliación laboral e familiar das familias promovendo servizos de comedor, cambiadores, madrugadores, extraescolares, campamentos, etc.
  • A Xunta directiva desta ANPA pide os seus socios: participación nos actos e actividades que promove, que traten de asistir as asambleas de socios para estar o tanto e participar das votacións, e sobre todo e ante todo COMPRENSIÓN e paciencia. Traballamos para ofrecer a mellor e máis rápida resposta as peticións, consultas e necesidades, pero ante todo somos pais, nais e titores que participan desta xunta como actividade adicional a súa vida laboral e familiar. Moitas grazas a tod@s e BENVIDOS A NOSA ANPA!
area thumb