O BANCO DE LIBROS DA ANPA e un servizo desta ANPA ofrecido os seus socios de forma gratuíta, para os cursos de 3º a 6º de Educación Primaria. É unha xestión complementaria ao "Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar", e que se funda grazas as doazóns das familias do noso cole.
NON confundir co "Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar", do cal tedes a información aquí: FONDO SOLIDARIO LIBROS E AXUDA A MATERIAL | CEIP Novo Mesoiro
SOLICITUDE DO FONDO DE LIBROS DA ANPA PARA O CURSO 2026/2027
CRITERIOS DE ACCESO E PRIORIDADE NAS SOLICITUDES
A continuación indicamos os criterios de acceso e priorización das solicitudes:
- Poderá beneficiarse o alumnado do CEIPP Novo Mesoiro no curso 2026/2027, socio desta ANPA para o citado curso escolar (o corrente do pago da súa cota de socio).
- Ter solicitada a Axuda de Libros (concedida ou denegada) para o curso 2026/2027. Referente o procedemento ED330B: PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA
ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
- O alumnado o que se lle concenderan 4 libros na Axuda deste curso, poderá optar os dous adicionais. NOTA: Tede en conta que o fondo non aplica a libros funxibles (como serían os de exercicios de ingles: workbook, o de música...).
- Asignarase un número a cada solicitude recibida, por estrito orde de chegada da petición. O número asignado será comunicado por email ao solicitante (en base a información recollida na solicitude), unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes.
- Deberá rexistrarse unha solicitude por cada alumn@ que desexe optar o banco de libros.
- Serán rexeitadas:
- Solicitudes incompletas ou incorrectas.
- Solicitudes duplicadas para o mesmo alumn@.
- Solicitudes que inclúan libros que xa ten concedidos o alumn@ no fondo de libros da Xunta de Galicia (o que xestiona o cole). É dicir, se recibimos unha solicitude de 6 libros, para un alumn@ que xa ten concedidos 4, a súa solicitude será automaticamente rexeitada.
- No caso de que se reciban máis solicitudes que libros dispoñibles na oferta:
- Aplicarase como primeiro criterio de descarte o de ser socio da ANPA no curso 2026/2027 (que debe estar o corrente de pago da cota no momento da revisión das solicitudes).
- Tratarase de realizar un reparto equitativo (en número de exemplares) en base as solicitudes recibidas. É dicir, priorizarase que un maior número de solicitantes reciban exemplares e non cubrir solicitudes na súa totalidade. Por exemplo: se recibiramos 4 solicitudes para os libros de Ciencias Sociais e Ciencias Naturais de 3º, e so tiveramos 2 exemplares de cada libro , entregaríamos (aleatoriamente) un exemplar a cada solicitude. Desta forma atenderíamos a 4 familias e non soamente a 2.
- Se, aínda aplicando as condicións anteriores non tiveramos libros suficientes para cubrir a tódolos solicitantes, farase un sorteo para a adxudicación (soamente coas solicitudes necesarias) en base ao número asignado na recepción da solicitude.
Animamos a calquera familia que (necesitando os libros) non cumpra os criterios indicados a continuación, a que nos achegue o seu caso para poder valoralo, dado que no caso de sobrar libros do fondo poderemos atender solicitudes que non cumpran todos os criterios. Recordamos que soamente haberá dispoñibilidade de libros entre 3º e 6º de Primaria, dado que os libros de 1º e 2º son funxibles (e dicir, se escriben, desgastan, etc.) e non son reutilizables.
Recordamos que a xestión do banco de libros da ANPA (solicitudes, asignación, entrega, recollida e custodia) é unha tarefa da que nos encargamos os membros da Xunta Directiva da ANPA, polo que xa por adiantado pedimos paciencia e comprensión nos prazos e posibles erros que poidamos cometer. Así mesmo, pregamos sexan respectadas as indicacións aquí recollidas, polo complexo da xestión do banco.
PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE, ADXUDICACIÓN E ENTREGA OS BENEFICIARIOS
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto entre o 13/07/2026 e o 17/07/2026. Deberá cubrirse o formulario indicado a continuación, con tódolos datos solicitados. FORMULARIO SOLICITUDE AQUÍ
- ADXUDICACIÓN:
- Unha vez pechado o prazo de solicitude, procederemos a revisar os datos e realizar o reparto de exemplares segundo os criterios indicados.
- Cada solicitante recibirá (nos seguintes días da presentación da solicitude) un email coa asignación dun número de solicitude.
- A partir do 22/07/26 (canto antes poidamos xestionalo) publicaremos a listaxe de asignacións nesta mesma nova, facendo referencia ao número de solicitude (sen publicar datos de alumn@s nin titores), e enviaremos un email informando da súa publicación. A partir da data de publicación, e durante 24 horas, poderase revisar esta listaxe provisional. A listaxe definitiva publicarase por tanto, os dous días de publicar a listaxe provisional. É dicir, previsiblemente (poderíamos dilatarnos algún día na publicación), o listado provisional publicaríase o 22/07, prazo de reclamacións aberto dende ese momento, e o listaxe definitivo se publicaría o 24/07. Por tanto, antes de rematado o mes de xullo, estará resolta a asignación dos libros do banco de libros da ANPA.
- Os non beneficiaros do banco de libros quedarán nunha lista de agarda, e no caso de que algunha familia rexeite ou non recolla os libros contactaríamos con ela no email da solicitude.
- As familias que, sendo beneficiarias do noso banco de libros, desexen rexeitar finalmente o préstamo, deberán comunicalo por email a info@anpamontedomuino.es o antes posible. Aquelas familias que, tendo asignados libros en préstamo, non os recollan nin comuniquen, con o menos 15 días de antelación a entrega, o rexeitamento do préstamo, poderán ser excluídas nas solicitudes do banco de libros para os vindeiros cursos.
- No caso de existir libros sobrantes, a súa asignación podería realizarse (de acordo coa directiva do CEIPP Novo Mesoiro) ao longo do curso, ou quedar en depósito para o curso seguinte.
- ENTREGA DE LIBROS OS BENEFICIARIOS:
Os libros serán entregados no mes de setembro 2026, persoalmente a cada familia beneficiaria, que deberá asinar a aceptación de condicións e a entrega de exemplares. PENDENTE INDICAR DATA (entre os días previos e os primeiros días do curso)
- DEVOLUCIÓN DE LIBROS (AO REMATE DE CURSO):
Os libros serán devoltos directamente os membros da ANPA ao remate do mes de xuño 2027, NON se deixarán na clase nos últimos días. As familias beneficiarias deberán asinar a devolución, os libros serán revisados e comprobados a súa recepción polos membros da ANPA.
O incumprimento das indicacións poderá supor a exclusión da familia nas solicitudes do banco de libros da ANPA para os vindeiros cursos.
LIBROS DISPOÑIBLES PARA O CURSO 2026/2027
O seguinte e o listado provisional de exemplares dispoñibles por materia e curso. Cando fagamos o reconto definitivo, actualizaremos a táboa por se existe algún erro nos datos (dado que recibimos algunha doazón fora de prazo).

Queremos aproveitar esta nova para agrader as familias que doaron, un ano máis, os seus libros ao banco de libros da ANPA. Sen elas non sería posible levar a cabo esta iniciativa, que é de gran axuda para moitas familias do noso centro.
GRAZAS!