244 2025ANPA Monte Do Muíño

Detalle noticia

BLog Img

EXTRAESCOLARES: Curso 2024-2025 - Inscrición, baixas e instrucións durante o curso

Información relativa as inscricións e baixas (a partir de setembro), portas de acceso e saída, etc.

Aquelas familias interesadas en realizar inscricións, baixas ou estar o tanto da información das extraescolares dende o mes de setembro deberán ter en conta a información reflexada a continuación.

O contido de esta nova poderá ser actualizado durante o curso, en función dos cambios ou correccións necesarias segundo a evolución das actividades.

ENLACES DE INCRICIÓN, BAIXA ou MODIFICACIÓNS (a partir do 4 de setembro de 2024 e ata maio 2025):

A inscrición deberá realizarse segundo as indicacións de cada unha das empresas, tendo en conta que existe unha data límite dentro do mes para causar alta no mes seguinte.

A baixa deberá realizarse segundo as indicacións de cada unha das empresas, tendo en conta que existe unha data límite dentro do mes para causar baixa no mes seguinte. No caso de non causar baixa antes da data indicada pola empresa, deberá facerse o pago da mensualidade do mes seguinte.

CALENDARIO DEFINITIVO EXTRAESCOLARES CURSO 2024/2025 (DENDE OUTUBRO 2024)

ENTRADAS E SAÍDAS DAS ACTIVIDADES EXTRAEXCOLARES

As entradas e saídas varían entre aquelas que teñen lugar no mes de setembro e de outubro en diante, as de setembro manteranse soamente a efectos de consulta pero non teñen efecto unha vez iniciado o mes de outubro.

1) ENTRADAS/SAÍDAS SETEMBRO 2024: A seguinte táboa recolle as indicacións para as entradas e saídas das extraescolares ofertadas no mes de setembro (que darán comezo o día 11/09/2024). Esta táboa será adaptada no mes de outubro, en función das actividades que finalmente teñan o seu inicio no citado mes.

2) ENTRADAS/SAÍDAS DENDE OUTUBRO 2024: A seguinte táboa recolle as indicacións para as entradas e saídas das extraescolares ofertadas DENDE O MES DE OUTUBRO (que darán comezo o día 01/10/2024).

12/10/2024: Para axilizar as saídas de luns/mércores cambiase a entrada/saída de Baile Moderno e Xogos e Movemento. Ambas se realizarán polo ximnasio.

NORMAS PARA ENTRADAS/SAÍDAS:

  • ENTRADA:
    • O alumnad@ que asiste a comedor, pasa directamente as 4 a actividade extraescolar que lle corresponde.
    • O resto do alumnad@ debe respetar a táboa de entradas/saídas de extraescolares, e estar 10min antes do inicio da actividade na entrada correspondente.
  • SAÍDA: Debe respetarse a táboa de entradas e saídas de extraescolares. 
  • Soamente se entregarán os alumn@s as persoas debidamente autorizadas ante as empresas que se encargan de impartir cada unha das actividades extraescolares, e ditas persoas deberán acudir identificadas co seu DNI.
  • Os monitores do comedor NON se farán responsables do coidado do alumnado que non fagan uso do servizo de comedor e asista a actividades extraescolares. Por tanto, o alumnado que acceda as actividades dende fora deberá esperar acompañado do titor ou adulto responsable ata a presenza do monitor da actividade correspondente, e non acceder o centro con anterioridade (pola entrada que corresponda). Alumn@s e monitores deberán estar no centro 5/10min antes do comezo das actividades.
  • Patinaxe - Galicia Rollers e Prepatinaxe I e II - Federación de ANPAs: Os nais/pais/titores daqueles alumnos que non teñan autonomía para poñer/quitar os patíns, poderán acceder a pista polideportiva unicamente para este fin. Poderán acceder 10 min antes do comezo da actividade, sempre que os monitores se atopen presentes, e deberán esperar a finalización da actividade para acceder na saída. Non poderá permanecer ningún titor no centro unha vez iniciada a actividade, e estes deberán volver a saír pola porta do pavillón, estando prohibido atravesar o centro para a saída.
  • Judo Kids, Xogos e Movemento, Baile Moderno: A saída este curso será na porta do ximnasio, non no portalón exterior, polo que os titores deberán acercarse a porta e se irán chamando @s nen@s para a súa saída (como xa se viña facendo os días de choiva).
  • Judo Junior: A saída seguirá sendo como o curso pasado, pola porta principal.
  • Recordamos que está prohibido acceder as instalacións do CEIPP Novo Mesoiro con animais.

TARIFAS DEFINITIVAS EXTRAESCOLARES CURSO 2024/2025

Dende o curso 2024/2025, será preciso abonar unha matrícula de 100€ por familia e curso escolar (excepto socios), que dará acceso a tódalas actividades xestionadas pola ANPA. Os socios da ANPA estarán exentos do pago da citada matrícula.

NOTA

  • Os seguros de pago único normalmente se efectúan coa primeira cota do mes.
  • As datas de cobro son orientativas, refirense a data na que as empresas emiten os cargos, depende de cada entidade bancaria efectuar o cargo no mesmo día ou días sucesivos.

OUTRAS NOVAS DE INTERÉS SOBRE EXTRAESCOLARES

  • Información para as inscricións no mes de xuño, cadro provisional da oferta e tarifas para o curso 2024/2025. AQUÍ
  • Información sobre as inscricións das actividades da Federación de ANPAs para o inicio do curso 2024/2025, tarifas e condicións das actividades da Federación. AQUÍ