209 2024ANPA Monte Do Muíño

Detalle noticia

BLog Img

EXTRAESCOLARES: Curso 2024-2025

Información relativa os prazos, calendario e inscricións do curso 2024-2025

Tal e como se comentou na Asamblea do 14/05/24, este ano a idea é adiantar a convocatoria de inscrición das actividades extraescolares

Por este motivo, convocámosvos a unha reunión o Venres 31/05 de 16:00-17:30 no ximnasio do cole, para comentar todo o que necesitedes e resolver dúbidas. 

PRAZOS E ENLACES DE INCRICIÓN:

- Do 3/06 ó 12/06 para as actividades da maioría de empresas privadas

Dende ó 15/06, no caso de quedar vacantes, se abrirá a matricula para as actividades de inglés de Family Corner.

18/06/2024: Finalmente o periodo de inscrición será dende o 18/06 o 30/06 (inscrición Family Corner), coa seguinte relación de vacantes:

  • 6 para o grupo do martes (3° e 4° EP)
  • 6 para o grupo dos mércores (6° infantil e 1° EP)
  • 0 para o grupo dos xoves (2° EP)
  • 11 para o grupo dos venres (5° e 6° EP). NOTA: De non acadar o mínimo de inscritos, este grupo quedará cancelado e se ofertará no seu horario a 4º e 5º de Infantil.

- Das actividades da Federación de ANPAs non temos datas oficiais, pero será en verán entre Xullo e Agosto. En canto nos informen, seredes os primeiros en sabelo. 

19/06/2024: A Federación de ANPAs abre o prazo de inscrición para o programa Cóxegas (setembro) e as extraescolares do curso 2024/2025. Máis información aquí

05/06/2024:

- Como tódolos anos, unha vez iniciado o curso, as inscricións nas actividades de empresas privadas estarán abertas todo o curso (coas condicións de datas de incorporación no mes seguinte, que indicaremos máis adiante). No caso das actividades da Federación de ANPAs os prazos soen ser por trimestre, pero NON temos todavía a información do curso 2024/2025.

- Recomendamos, en consonancia coas propostas do profesorado do CEIP (que xa se expresaron na xornada de portas abertas), que os nenos de 4ºInfantil non inicien nas actividades extraescolares ata estar adaptados a nova rutina. Sin embargo, para quen o precise, as actividades estarán igualmente abertas dende o primeiro día de cole.

07/06/2024:

A Federación de ANPAs pon a disposición das ANPAs e familias un novo perfil de Instagram no que consultar información actualizada das actividades que levan a cabo nos Centros Escolares, e tamén outras que poden ser do interese da comunidade. Podedes consultar e seguir o seu novo perfil de Instagram como @actividadesfanpascoruna

09/07/2024:

A Federación de ANPAs informa de que as suas actividades comezarán en Outubro. En Setembro se ofertará o programa Coxegas, pero soamente terá lugar no caso de acadar un mínimo de inscritos. As condicións, tarifas, etc, están pendentes de ser publicadas pola Federación.

INFORMACIÓN SOBRE AS ACTIVIDADES OFERTADAS:

Como tódolos anos, as actividades están suxeitas a un mínimo e máximo de asistentes (que variarán en función da actividade e a empresa que as imparte).

Este ano, incorporamos na oferta de actividades as das empresas EnxeñoLabs e ACTIVA.

A empresa ACTIVA fíxonos chegar a documentación informativa das súas actividades (infantil, primaria e adultos), e podédela consultar na documentación ligada a esta publicación.

27/05/24: Incorporamos na documentación a información proporcionada por EnxeñoLabs, sobre as actividades que se ofertan no noso cole.

18/06/24: Neste momento confirmamos as seguintes actividades (pendente actualizar información en coordinación coas empresas), iniciarán en setembro 2024 o ter acadado o mínimo de inscritos:

08/07/24: Actualizamos a relación de grupos confirmados de Family Corner:

  • Judo - Ximnasio Fibra: CONFIRMADA
  • Patinaxe - Galicia Rollers: CONFIRMADA
  • Fútbol/Cociña/Baile Moderno - SerOcio: CONFIRMADAS
  • Baile galego e pandeireta - Jose Luis Vázquez: CONFIRMADA
  • Novas actividades - Activa: ACTUALMENTE NON ACADA O NÚMERO MÍNIMO PARA INICIAR EN SETEMBRO
  • Novas actividades - EnxeñoLabs: ACTUALMENTE NON ACADA O NÚMERO MÍNIMO PARA INICIAR EN SETEMBRO
  • Family Corner -  Inglés:
    • Martes (3° e 4° EP): CONFIRMADO (Quedan prazas vacantes)
    • Mércores (6° infantil e 1° EP): CONFIRMADO (Quedan prazas vacantes)
    • Xoves (2° EP): CONFIRMADO
    • Venres (5° e 6° EP): PENDIENTE CONFIRMACIÓN - NON ACADOU MÍNIMO DE INSCRITOS

TARIFAS DAS ACTIVIDADES:

Dende o curso 2024/2025, como se aprobou na asamblea do 14/05/24, será preciso abonar unha matrícula de 100€ por familia e curso escolar (excepto socios), que dará acceso a tódalas actividades xestionadas pola ANPA.

Os socios da ANPA estarán exentos do pago da citada matrícula (máis adiante, informaremos dos prazos de renovación de cara o vindeiro curso).

En breve, completaremos o cadro coas cotas mensuais actualizadas, para cada actividade extraescolar, de cara o vindeiro curso 2024/2025.

05/06/2024: IMPORTANTE! Polo momento NON está aberto o prazo de renovación nin alta de socios para o vindeiro curso 2024/2025. Pregamos respectedes os prazos, porque actualmente non podemos procesar altas/renovacións para o próximo curso. A condición de socio da ANPA, dos inscritos nas actividades, se contrastará coas empresas no mes de setembro. Se pensades afiliarvos a esta ANPA, deberedes indicar igualmente que si sodes socios na inscrición.

07/06/2024: O prazo para altas e renovacións de socios para o curso 2024/2025, se abrirá no periodo do 24 de xuño ata o 7 de xullo. Daremos indicacións máis detalladas, máis cerca do periodo.

CADRO PROVISIONAL DAS ACTIVIDADES OFERTADAS PARA O CURSO 2024/2025:

Este ano, todas as actividades que terán lugar no cole, darán comezo o 11/09/2024 (o primeiro día de clase do curso 2024/2025).

03/06/24: Modificase o cadro de actividades, o detectarse un erro no horario de Fútbol, Cociña e Baile Galego.

04/07/24: Actualizase o cadro de actividades, para adaptarse os axustes de cursos indicados pola Federación de ANPAs.

CADRO PROVISIONAL DAS TARIFAS POR EMPRESAS PARA O CURSO 2024/2025:

Esperamos, na medida do posible, ter cuberto as vosas necesidades.

Iremos actualizando e completando a información a medida que dispoñamos dos datos.

Moitas grazas pola vosa colaboración,

Vogalía de Extraescolares - ANPA Monte do Muiño