209 2024ANPA Monte Do Muíño

Detalle noticia

BLog Img

INSCRICIÓN EXTRAESCOLARES e PROGRAMA CÓXEGAS da FEDERACIÓN DE ANPAs 2024-2025

Aberto o prazo para solicitar o programa Cóxegas (setembro) e as actividades extraescolares ofertadas pola Federación de ANPAs para o curso 2024-25

A Federación de ANPAs abre o prazo de inscrición das actividades de cara o curso 2024-2025.

Revisade os documentos adxuntos a esta nova, onde figuran o detalle dos datos dos diferentes programas (NON son ofertados TODOS no noso centro) e as CONDICIÓNS XERAIS DE PARTICIPACIÓN.

NOTA: A nova web de inscrición da Federación, experimentou problemas. No momento de publicar esta nova, estes parecían estar solucionados, se non fora así, vos pedimos paciencia dado que están a recibir moitos avisos polos mesmos motivos.

Indicamos a continuación, datos importantes dos programas que compoñen a PROPOSTA DE LECER EDUCATIVO "A CORUÑA TARDES", ofertadas pola Federación de ANPAs baixo o convenio de colaboración co Concello da Coruña:

  • Tódalas inscricións deberán realizarse a través do portal: fedapascoruna.org/inscripciones/
  • CÓXEGAS: ofrece unha solución para a conciliación familiar e laboral no propio centro educativo ao longo de tres semanas no mes de setembro. A rapazada gozará de xogos, deportes e actividades lúdicas participando nunha emocionante aventura onde se promoven hábitos e normas de convivencia e se fomentan o desenvolvemento cognitivo, psicomotor e social.
    • Inscricións: do 19 de agosto ata o 3 de setembro
    • Período de realización: do 11 ao 30 de setembro de 2024
    • Dirixido a: tódolos cursos
    • Horario: Luns a Venres de 16 a 17h ou de 16 a 18h
    • Prezo: 15€ por participante. Desconto do 50% nos beneficiarios da beca comedor. Pago obrigatorio seguro accidentes: 4€
  • Outras propostas do LECER EDUCATIVO 
    • Inscricións: do 19 de agosto ao 15 de setembro
    • Período das actividades: do 1 de outubro de 2024 ao 20 de xuño de 2025
    • Programas e actividades ofertadas no noso centro:
      • DEPORTE NO CENTRO: promove o poder do deporte para o desenvolvemento completo da rapazada, xa que non só promove a actividade física, senón que tamén ensina valores e habilidades fundamentais. Os obxectivos principais son o desfrute, a participación inclusiva, os hábitos saudables, o desenvolvemento de habilidades e o uso positivo do tempo libre. A nosa metodoloxía activa garante que todo o alumnado estea cómodo e goce plenamente das actividades, independentemente do seu nivel.
        • Horario: Dúas sesións semanais de unha hora, entre ás 16:00 e ás 18:00 h, en días alternos, segundo a planificación de cada ANPA (ver cadro de actividades do noso CEIP). HORARIO ENCONTROS DEPORTIVOS será ofertada só para os venres en franxa de unha ou dúas horas de duración.
        • Prezo por trimestre: 21€ cada escola deportiva. Opción ENCONTROS DEPORTIVOS de unha hora: 10,50€. Beneficiarios da beca comedor: desconto do 50%. Pago obrigatorio seguro accidentes: 4€
      • ARTE E CULTURA NO CENTROofrece unha experiencia educativa que complementa a xornada escolar dos nenos, promovendo o seu desenvolvemento integral a través de actividades artísticas e culturais nunha contorna lúdica.
        • Horario: Dúas sesións semanais de unha hora, entre ás 16:00 e ás 18:00 h, en días alternos, segundo a planificación de cada ANPA (ver cadro de actividades do noso CEIP).
        • Prezo por trimestre: 21€ cada obradoiro. MANS QUE FALAN e ECOCREA (Só os venres): 10,50€. Beneficiarios da beca comedor: desconto do 50%. Pago obrigatorio seguro accidentes: 4€
      • IDIOMAS NO CENTRO: NON OFERTADO NO CEIPP NOVO MESOIRO

Calquera dúbida no proceso de inscrición, nas condicións dos programas, condicións xerais de participación, etc., podedes consultalas coa Federación Provincial de ANPAs nos seguintes medios:

CONDICIÓNS XERAIS DE PARTICIPACIÓN:

  • Estar matriculado nun centro público do Concello da Coruña.
  • A oferta dos programas e a selección das actividades de cada centro será a escollida por cada ANPA, conforme a antedita proposta de Lecer, tras ser aprobadas en Consello Escolar.
  • Cubrir a solicitude de inscrición en liña e despois de confirmado o grupo, aboar a cota das actividades solicitadas no prazo indicado.
  • O número mínimo de participantes por grupo na actividade determinarase segundo a seguinte proporción baseada na cantidade de estudantes matriculados no centro:
  • Liña 1: 8 participantes e 7 nos centros de menos de 100 alumnos/as matriculados/as
  • Liña 2: 9 participantes
  • Liña 3: 10 participantes
  • A ratio mínima no programa CÓXEGAS será de 10 participantes. No caso de constuírse un só grupo, podería formarse por escolares de diferentes etapas educativas.
  • As prazas serán adxudicadas por rigorosa orde de inscrición no caso de que por circunstancias organizativas ou de espazos as prazas estean limitadas.
  • Será decisión da Federación de ANPAs determinar a viabilidade das actividades, ou propoñer unha alternativa, en caso de que non se alcance o número mínimo de participantes necesario para formar grupos, ou se careza do persoal, materiais ou instalacións adecuadas. Ademais, se xa comezado o programa, un grupo xa establecido reduce a súa asistencia por debaixo do mínimo requirido, debido a ausencias ou baixas, aplicarase a mesma condición.
  • O alumnado con necesidade de apoio específico deberá indicalo na solicitude de inscrición e a viabilidade da súa inclusión no grupo será valorada pola Federación Provincial de ANPAs.
  • Non se permitirá que un mesmo participante se inscriba en dúas actividades que teñan lugar ao mesmo tempo. Ademais, non se permitirá a inscrición na mesma actividade, aínda que se ofreza en dous horarios distintos para o mesmo grupo de idade.
  • O seguro de accidentes dará cobertura en calquera das actividades xestionadas pola Federación de ANPAs no período lectivo do curso 24/25.
  • Os beneficiarios da beca comedor deberán indicar na solicitude de inscrición o código de asento da beca para ter o dereito ao desconto. Así mesmo, no caso de perda dos dereitos da mesma, os participantes deberán aboar o 100% das cotas restantes.
  • Os asistentes deben cumprir coas normas do centro e manter unha actitude respectuosa en todas as actividades. O incumprimento activará o protocolo disciplinario que corresponda.
  • As ausencias continuas sen xustificación poden levar á expulsión do programa, sen reembolso da cota paga. A praza vacante será asignada a outro escolar en lista de agarda.
  • As solicitudes de baixa deben facerse por escrito a través de E-mail. Se se solicita durante o trimestre, non se reembolsará a cota, e sempre será obrigatorio pagar o seguro de accidentes.
  • As actividades renovaranse automaticamente ao final de cada trimestre, a menos que se solicite a baixa por escrito vía E-mail antes das datas seguintes: 15 de decembro para o segundo trimestre e 15 de marzo para o terceiro trimestre.