17 2026ANPA Monte Do Muíño

Detalle noticia

BLog Img
30/06/2026 Publicado por: ANPA Comedor 137 Visto

Curso 2026-2027: COMEDOR, CAMBIACUEIROS, MADRUGADORES E GARDA-CUSTODIA

Condicións, prazos e operativa dos servizos de Comedor, Cambiacueiros, Madrugadores e Garda-custodia para o curso 2026-2027

Os servizos de comedor, cambiacueiros, madrugadores e garda-custodia son ofrecidos pola empresa JARDANAY (nas instalacións do noso centro), e son xestionados e supervisados pola ANPA Monte do Muiño.

Toda a información necesaria para a inscrición e uso dos servizos, figura nos seguintes documentos, que son de obrigada lectura e cumprimento:

  • Díptico informativo curso 2026/2027 para o CEIPP Novo Mesoiro. Aquí.
  • Nova plataforma Jardanay:
    • Manual de uso completo (máis sinxelo de seguir aínda que máis longo). Aquí
    • Instrucións de inscrición na nova web de Jardanay (máis breve, pero algo máis confuso no primeiro acceso). Aquí.
  • Regulamento dos servizos. Aquí.

INFORMACIÓN DESTACABLE DOS SERVIZOS (información extraída do díptico axunto):

  • NOVIDADE: Para o curso 2026/2027 Jardanay pon en marcha unha nova plataforma, pasando a ser preciso un rexistro por familia (con un usuario e contrasinal propia). Deberedes seguir as instrucións de inscrición do documento axunto, que fai referencia a Fase 1 na primeira páxina e a Fase 2 na segunda, ou seguir o documento completo do "Manual de uso". Resumidamente:
    • FASE 1:
      • Paso 1: Rexistros de familia, aquí. Require aprobación por parte de Jardanay, polo que este curso non se pode facer todo o trámite dunha soa vez.
      • Resto de pasos: Recibida a confirmación do paso 1, poderá continuarse cos pasos 2 a 9. No acceso a familias, aquí.
    • FASE 2: Unha vez rexistrada a familia e tódolos datos correspondentes (pasos 1 a 9 da Fase 1), deberán seguirse os pasos indicados nas instrucións da Fase 2 (segundo corresponda a Altas, Modificación de servizos ou Baixa de servizos).

ANTE CALQUERA PROBLEMA COA PLATAFORMA NOVA: DEBEREDES REPORTALO A JARDANAY, NOS NON LEVAMOS O MANTEMENTO.

  • ALTA/MODIFICACIÓN/BAIXA:
    • INICIO SETEMBRO 2026: Para comezar a facer uso do servizo en setembro, o prazo de inscrición é do 1 de xullo de 2026 (10h) ata o 31 de agosto de 2026 (23:55h) *Non se aceptarán inscricións fora de prazo.
    • RESTO DO CURSO: modificacións, altas e baixa ata o día 26 do mes en curso (efectivas a partir do día 1 do mes seguinte).
    • Usuarios esporádicos: Deben darse de alta como usuarios esporádicos, e adquirir o vale con anterioridade, seguindo as instrucións do díptico.
  • Tódolos usuarios (tanto das modalidades fixas, como esporádicas) deberán abonar a cota anual do seguro de accidentes
    • Usuarios esporádicos: abonarán o seguro coa primeira asistencia o servizo, mediante o pago do vale "Seguro escolar" segundo as instrucións anteriores.
    • Usuarios becados: terán que facer o pago do seguro polo mesmo procedemento que os esporádicos, mediante o pago/compra do vale "Seguro escolar".
    • Resto de usuarios: recibirán o cargo en conta do pago no primeiro mes de facturación.
  • NOVIDADE: este curso se ofrecerá un servizo de "Garda e custodia" de luns a venres en horario de 14h a 14:30h. A contratación é necesariamente mensual, e non se poderá exceder en ningún caso o horario de recollida.
  • Condicións de acceso os servizos:
    • Os socios da ANPA NON teñen que abonar a matrícula de acceso os servizos, pero SI deberán indicar o número de socio no rexistro e estar o corrente de pago da cota (30€ anuais) do curso 2026/2027. De non atoparse o corrente do pago, a solicitude de inscrición nos servizos será rexeitada. Condicións de Renovacións/Altas socios curso 2026/2027: aquí
    • As familias que non desexen ser socias, deberán contactar coa ANPA no email "info@anpamontedomuino.es", onde recibirán instrucións para o pago da matrícula (100€ anuais).
    • Os usuarios beneficiarios da bolsa comedor do Concello da Coruña, tamén deberán cumprir as condicións de acceso (das que non se fai cargo a bolsa comedor).
    • Para usuarios socios desta ANPA, os datos (nome e apelidos, tanto dos titores como alumn@s) deben coincidir cos datos do socio da ANPA.
    • O incumprimento das indicacións ou do regulamento poderá supoñer o rexeitamento na inscrición ou baixa nos servizos.
  • Os menús se elaboran diariamente nas cociñas centrais de Jardanay, seguindo o calendario trimestral que é supervisados por especialistas e se adecúa a normativa vixente. Os citados menús están dispoñibles trimestralmente na plataforma de Jardanay, e intentaremos mantelos ligados a esta nova.
  • Condicións para dietas brandas, por motivos médicos, éticos ou relixiosos, no díptico.
  • Información sobre forma de pago e tarifas para o curso 2026/2027 no díptico.

INSTRUCIÓNS PARA FACER USO DOS SERVIZOS: AQUÍ (Permanecen en vigor as instrucións de cursos pasados)

INSTRUCIÓNS PARA MERCAR VALES DE USUARIOS ESPORÁDICOS:

Os usuarios esporádicos (días soltos e variables en función do mes) deberán estar dados de alta na plataforma de Jardanay previamente, e adquirir un vale cando desexen facer uso dalgún dos servizos. Para a adquisición dos vales, deberá facerse uso da plataforma de Jardanay dispoñible enVales Jardanay Esporádicos

Instrucións para mercar os vales do noso cole:

  1. Seleccionar o servizo a mercar (comedor, madrugadores con/sen almorzo e/ou seguro escolar).
  2. Seleccionar o centro escolar CEIP Novo Mesoiro, e darlle a mercar. O sistema levará a cesta da compra, onde se poderá indicar o número de vales desexados.
  3. Cubrir os datos solicitados, do titor que inscribe ao alumn@ e do alumn@.
  4. No caso de querer comprar máis dun servizo, volver atrás a páxina xeral, marcar o novo servizo e repetir os puntos anteriores.
  5. Unha vez rematado, clicar en "Rematar compra". Nese momento o usuario será redirixido a plataforma de pago (tarxeta bancaria ou bizum). 
  6. O comprobante do pago chegará o email. E preciso presentar o número de pedido e os artículos da compra os responsables do servizo o día de asistencia, poderá ser un pantallazo, adiantalo por whatsapp a coordinadora ou de palabra.