209 2024ANPA Monte Do Muíño

Detalle noticia

BLog Img
18/04/2024 Publicado por: ANPA Familia 237 Visto

Charla Plan Director 2024

Charla sobre "Seguridade Dixital" incluida no programa Plan Director da Policía Nacional e destinada a nais, pais ou titores

Ola familias!

En plena era dixital, sabemos que unha das inquietudes que tedes na crianza dos vosos fill@s é, precisamente, a educación dixital e a seguridade, dentro deste mundo cada vez máis presente na vida dos nosos nen@s.

Por todo iso, puxemos en marcha unha charla impartida por expertos da Policía Nacional sobre SEGURIDADE DIXITAL:

LUGAR: CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro

DATA E HORA: 18 de abril de 2024 as 17:00h (cunha duración aproximada dunha hora)

Animádevos a vir e poder aclarar calquera dúbida sobre este tema.

Para facilitar que poidades acudir, poñemos á vosa disposición o servizo de ludoteca, totalmente gratuíto, durante a duración da charla.

Para poder facer uso deste servizo, o único requisito e ter comunicado a asistencia dos vosos peques antes do día 15/04/2024indicando o número de nen@s que farán uso do servizo e as súas idades (este servizo está suxeito a un mínimo de 5 nen@s, en caso contrario non se poderá levar a cabo).

Se estades interesados en asistir enviade un e-mail a ANPA co asunto "Charla Plan Director 2024 - Asistencia" (podedelo facer a través deste enlace co que teredes un correo prediseñado), indicando se precisades facer uso do servizo de ludoteca. 

Por un mundo dixital seguro e pola seguridade dos nosos fill@s, NON FALTEDES!

NOTA: A actividade está aberta a todolos nais, pais, titores e membros da comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro.

ORGANIZA: ANPA Monte do Muiño

COLABORAN: Policía Nacional (Plan Director), CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro

25-04-2024: Esta ANPA quere agradecer a Policía Nacional a charla e os seus contidos, e as familias a gran acollida.