209 2024ANPA Monte Do Muíño

Detalle noticia

BLog Img
15/03/2024 Publicado por: ANPA Familia 84 Visto

MERENDAS CON CONTOS 2023-2024

Programa de animación á lectura dirixido a familias con nenas e nenos de 3 a 7 anos

O Concello da Coruña, a través da rede de bibliotecas municipais ofrecen unha actividade para os nosos pequenos nas diferentes bibliotecas e puntos de préstamo da cidade, entre eles o de Novo Mesoiro.

É un programa de animación á lectura dirixido a familias con nenas e nenos de 3 a 7 anos no que os Ratos de Lonxedetodo, uns simpáticos ratiños e ratiñas que visitarán a biblioteca, achegarannos aos libros e á música dunha forma atractiva e lúdica.

A actividade é executada pola compañía Trinke Trinke Teatro.

Para poder participar en Merendas con Contos requírese inscrición previa. A inscrición ábrese unha semana antes da realización de cada sesión, ás 10.00 horas. As prazas adxudícanse por rigorosa orde de inscrición.

Inscricións e máis información en Merendas con contos