2011 2026ANPA Monte Do Muíño

Detalle noticia

BLog Img
06/11/2026 Publicado por: ANPA Comedor 2 Visto

SUBVENCIÓN COMEDOR 2024-2025

Información sobre a subvención de comedor do curso 2024-2025, pola que a Xunta de Galicia convoca axuda para o cofinanciamento do servizo

Na presente nova, a ANPA Monte do Muiño, informará sobre a situación da subvención de comedor do curso 2024/2025.

Recordamos os usuarios que, a citada subvención e publicada no DOG tras o remate do curso o que se corresponda. Por tanto, a súa solicitude e, no seu caso, concesión serán no ano seguinte o que corresponde a subvención. Debe entenderse que é lóxico, dado que para a solicitude e preciso contar con datos económicos de custo, asistentes, etc., do total do curso escolar.

Se eres nai/pai/titor de alumnado que foi usuario do servizo de comedor no CEIPP Novo Mesoiro durante o curso 2024/2025, estate atento a actualización da seguinte información por se puidera ser do teu interés.

1. PUBLICACIÓN DA SUBVENCIÓN NO DOG:

O 01/10/2025 foi publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG):

ORDE do 1 de outubro de 2025 pola que se establecen as bases e se convocan as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes desta consellería, para o curso académico 2024/25 (DOG nº 195 de 09 de octubre de 2025, para o código de procedemento ED601A).

2. PRESENTACIÓN DO PROCEDEMENTO ED601A: Responsabilidade da ANPA. Foi presentada a solicitude no mes de outubro, quedando esta pendente de resolución.

3. CONCESIÓN DA SUBVENCIÓN: No mes de xaneiro 2025, recibimos notificación de que nos foi concedida a axuda destinada ao cofinanciamento do servizo de comedor.

Antes de rematar o mes de xaneiro, a Xunta de Galicia xa realizara o ingreso na conta bancaria desta asociación. O non existir neste momento ningún gasto previsto nin pendente para o pago dos servizos, nin para o mantemento de instalacións, persoal e outros, se procederá ao reparto da subvención entre os usuarios do curso correspondente a subvención 2024/2025 (usuarios non becados, ao corrente do pago coa empresa concesionaria). Quedando por tanto pendente do desglose de cálculos para o reparto da subvención entre os usuarios, tendo en conta que as condicións de reparto da axuda están recollidas no regulamento dos servizos (dispoñible no apartado de documentación desta web).

Os cálculos demoraronse ata finais de curso, polo que non foi posible facer as xestións necesarias para o reparto da subvención antes do remate do mes de xuño de 2026.

Retrasase o reparto de cheques ata o inicio do seguinte curso escolar 2026-2027.

4. REPARTO DE CHEQUES AOS USUARIOS DO COMEDOR 2024/2025:

Unha vez recibido o importe da axuda concedido na conta da asociación, revisados os listados de usuarios do servizo no curso escolar 2024-2025 e realizados os cálculos de importes correspondentes a cada beneficiario, esta ANPA procederá o reparto de cheques desta convocatoria nas siguientes condicións:

- O listado de beneficiarios se publicará no taboleiro de anuncios (a carón de conserxería) sito no CEIPP Novo Mesoiro. Neste se poderán consultar os beneficiarios: Nome e apelidos, NIF e importe. Nesta mesma nova da web se publicará exclusivamente o listado de nome e apelidos dos beneficiarios. NON se comunicarán por email os importes nin beneficiarios, deberán consultarse os listados publicados.

- O beneficiario será o tutor inscrito/contratante do servizo de comedor en Jardanay durante o curso 2024-2025, polo que un beneficiario poderá figurar máis dunha vez no listado se contratou o servizo para varios alumn@s.

- Se abrirá un prazo de 7 días para reclamacións ao citado listado. O prazo de reclamacións estará aberto do 23/11/2026 ata o 29/11/2026. As reclamacións deberán comunicarse a ANPA Monte do Muiño a través do email (contactar). MOI IMPORTANTE! O nome e apelidos indicados no listado serán os que se tomen para a emisión do cheque, estes deben coincidir cos datos do NIF dos beneficiarios. Se existira algún erro nos datos, este deberá comunicarse dentro do prazo de reclamación.

- Finalizado o prazo de reclamacións, a ANPA as revisará nun periodo inferior a 15 días e publicará os listados definitivos polos mesmos medios e condicións. Nese momento, se fara publica, polo menos, a primeira data de entrega de cheques.

- Recordamos que a subvención soamente se entregará os beneficiarios que non manteñan débedas co proveedor do servizo (Jardanay), e que os becados do Concello da Coruña non serán beneficiarios desta axuda, aínda que foran usuarios do servizo durante o curso (dado que o pago do servizo corre a cargo do Concello e non dos titores). A fórmula e condicións para o reparto están reflexadas no regulamento dos servizos.

- O cheque deberá ser recollido en persoa polo beneficiario indicada no listado, será OBRIGATORIO presentar o documento de identidade DNI/NIE para a recollida. O cheque se emitirá únicamente a nome do titor beneficiario, que foi contrastado e previamente corrixido pola ANPA en comparación co listado de socios da mesma. Para autorizar a outra persoa a recollida do cheque, deberá persoarse coa autorización de recollida cuberta e fotocopias do DNI da persoa beneficiaria e do autorizado. Ver/Descargar autorización de recollida cheque. NON SE ENTREGARÁN CHEQUES A AUTORIZADOS QUE NON APORTEN O DOCUMENTO ASINADO E AMBAS COPIAS DOS DOCUMENTOS DE IDENTIDADE.

- RENUNCIA A SUBVENCIÓN: Aquelas familias que no desexen percibir a súa parte proporcional da subvención, relativa ao curso 2024/2025, deberán renunciar por escrito (formulario de renuncia na documentación de esta publicación).

- NON SE ENTREGARÁN CHEQUES TRAS A TERCEIRA DATA DE ENTREGA, salvo comunicación escrita e xustificada (ao email da ANPA), que deberá realizarse con anterioridade a data e hora de inicio da terceira e última das entregas.

- Cumprirase o establecido e aprobado no regulamento de servizos: comedor, madrugadores e cambiacueiros. Revisade con atención as condicións de reparto e entrega de cheques, tedes o regulamento no apartado de Documentos ANPA --> Regulamento servizos

- Programaranse 3 entregas de cheques para o reparto de dita subvención. Sendo:

PRIMEIRA ENTREGA:

DATA: PENDENTE

HORARIO: 

LUGAR: 

SEGUNDA ENTREGA: 

DATA: PENDENTE

HORARIO: 

LUGAR: 

TERCEIRA ENTREGA:

DATA: PENDENTE

HORARIO: 

LUGAR: