17 2026ANPA Monte Do Muíño

Detalle noticia

BLog Img
30/06/2026 Publicado por: ANPA AMPA 192 Visto

Curso 2026-2027: Altas, renovacións e baixas de socios

Indicacións para a xestión dos socios, de cara o curso 2026-2027

Os trámites de altas e renovacións de socios de cara o curso 2026/2027 poderán realizarse a partir do día 1 de xullo de 2026Recordamos que:

  • A cota é única por familia e curso escolar. 30€ abonados nun único pago por curso, mediante transferencia bancaria (segundo as condicións indicadas máis abaixo). Revisade ben as indicacións para a transferencia, dado que información incorrecta pode dar lugar a non validar a renovación ou alta do socio.
  • Os socios están exentos do abono da cota de matrícula de acceso os servizos. Os non socios, deberán abonar 100€ de matrícula (previo contacto coa ANPA no email info@anpamontedomuino.es para recibir instrucións).
  • A ANPA soamente envía información relativa as súas actividades e servizos, non se difunde información publicitaria nin se transmiten os datos de socios a terceiros.
  • As renovacións e altas de socios non son de aprobación automática, detrás estamos persoas que cotexamos os datos e os pagos, polo que o teu rexistro non é inmediato e pode demorarse varios días.
  • Soamente serán válidas as renovacións e altas rexistradas a través da área de socio, e co recibo adxunto da transferencia.  Área familias: Acceso Área Familias (anpamontedomuino.es)
  • As altas e renovacións de socios están abertas todo o curso, pero os socios deben estar ao corrente de pago no momento de inscribirse nos servizos (comedor, extraescolares, madrugadores, etc.), en caso contrario se exixirá o abono da matrícula ou poderá ser rexeitada a inscrición.
  • As familias monoparentais deben revisar a caducidade do certificado aportado, e renovalo cando corresponde.
  • A documentación aportada (familias monoparentais) e recibos debe ser subida a área de socios, en ningún caso se debe enviar por email a ANPA.
  • Revisade os datos da vosa familia: membros, nomes, DNIs, curso dos alumn@s. E moi importante que a información se atope correctamente actualizada, e que os datos coincidan coas inscricións nos servizos.
  • As familias que fagan ingresos improcedentes na conta da ANPA (non respectar os prazos, cotas incorrectas, pagos duplicados, etc.), e que por tanto sexa necesario devolverlle o importe abonado, terán que facerse cargo da taxa da transferencia de devolución (a data 30/06/26 esta ten un coste de 3€, pero podería incrementarse segundo a actualización de condicións do banco).

RECORDA! A ANPA somos todos, sen ANPA non hai servizos (extraescolares, comedor, etc.), non hai festa de fin de curso, non se supervisa a actividade do centro, non se fan talleres nin charlas, e un largo etc.

ALTA DE SOCIO

  • CONTA BANCARIA DA ANPA (ABANCA)ES18 2080 0068 7730 4003 6982 
  • IMPORTE DA COTA: 30€
  • CONCEPTO TRANSFERENCIA para ALTA DE SOCIO: APELIDO1 APELIDO2

Sendo "APELIDO1 APELIDO2" os da familia, e dicir, os do/s alumn@/s. MOI IMPORTANTE RESPETAR O CONCEPTO INDICADO

As altas son revisadas manualmente, tanto os datos como os xustificantes aportados (contrastados co ingreso recibido), por tanto, a aceptación e asignación de número de socio podería demorarse varios días. Por tanto, pregamos que non deixedes os rexistros para o último día, porque podería supoñer que quededes fora de prazo para as inscricións nos servizos.

RENOVACIÓN DE SOCIO

  • CONTA BANCARIA DA ANPA (ABANCA)ES18 2080 0068 7730 4003 6982 
  • IMPORTE DA COTA: 30€
  • CONCEPTO TRANSFERENCIA para RENOVACIÓN DE SOCIO: SOCIO XXX

Sendo "XXX" o número de socio que realiza a renovación. MOI IMPORTANTE RESPETAR O CONCEPTO INDICADO

Dende a noite do 29/06/26, TODOS os socios figuraremos como "Non socios", esta situación será temporal ata que se verifiquen os pagos e xustificantes do novo curso. 

BAIXA DE SOCIO

Aqueles usuarios rexistrados (socios vixentes ou de anos anteriores) que desexen darse de baixa na plataforma, poderán facelo e en calquera momento do seguinte xeito:

  1. Acceder a área do socio: Área familias: Acceso Área Familias (anpamontedomuino.es)
  2. Acceder a "Servizos contratados"
  3. Solicitar a baixa da ANPA mediante a opción "Formulario de Baixa".
  4. Mostraranse os datos da familia a dar de baixa, se poderá introducir un texto explicativo do motivo da baixa, e finalmente se deberá premer sobre "Enviar a solicitude".
  5. A petición será revisada pola ANPA manualmente e nuns días se aceptará e confirmará a solicitude, pasando a dar de baixa a familia no sistema.

Se tedes calquera dubida ou consulta, contactádenos no correo da asociación: info@anpamontedomuino.es

Moitas gracias!

Xunta Directiva ANPA Monte do Muiño