FESTA FIN DE CURSO 2025-2026!!!!
Que xa chega! Xa está aquí! O curso chega o seu fin e con el a festa da nosa ANPA
A nosa festa de fin do curso 2025/2026 terá lugar o venres 19 de xuño entre as 17h e as 20h, na pista polideportiva do CEIPP Novo Mesoiro.
As indicacións de acceso e organización da festa están indicadas a continuación, moi similares a anos anteriores, pregamos que as revisedes para evitar confusións.
Por mor da festa, se aplicarán os seguintes cambios nos servizos:
- COMEDOR: O alumnado de primaria que quede a comedor, e non a extraescolares, o día da festa sairán polo ximnasio (igual que infantil).
- EXTRAESCOLARES: Tódalas actividades extraescolares dese día rematarán as 17h. Por tanto, veranse afectadas as extraescolares de: Fútbol e Baile Galego.
Un ano mais, colaboraremos para a recollida de alimentos non perecedoiros coa ONG Renacer. Agradecemos colaboredes con esta iniciativa!
Este ano máis que nunca, precisamos nais e pais voluntarios para colaborar coa ANPA na organización previa e posterior a festa, tarefas ao comezo (reparto de merendas) ou posterior a celebración (limpeza e recollida das instalacións), pregamos manden un email antes do día 17/06 a info@anpamontedomuino.es, co asunto "Colaborador Festa 25/26". Estimamos a colaboración entre as 16:30 e as 18h, e a partir das 19:30 (entre 30m e unha horiña).
ENTRADA:
- CONTROL DE ACCESO: soamente poderá acceder o alumnado do CEIPP Novo Mesoiro, acompañado por irmás/ns (maiores ou pequenos) e non máis de dous adultos por unidade familiar.
- Identificación no acceso:
- SOCIOS da ANPA: Presentando o código QR, dispoñible na área privada de socio. Podedes traer unha captura de pantalla para axilizar o proceso (avós, tíos, etc., que acompañen ao alumnado, deberán traer dito código). Os socios deberán identificarse como tal no acceso a festa, noutro caso non se permitirá a entrada, e atoparse o corrente de pago das cotas para o curso 25/26.
- NON SOCIOS da ANPA: Presentando o ticket, previamente adquirido nos días de venda.
- A entrada ao recinto comezará as 17:00, coincidindo co inicio da festa.
- Adquisición de tickets (soamente para NON socios): poderedes facer a doazón coa que se entregará o ticket para o acceso a festa, no local da ANPA (sito no lateral exterior do edificio, accedendo pola entrada principal do cole).
- 5€ por nen@ e serán nominativas. Os titores non precisarán entrada.
- Só está permitido o acceso para o alumnad@ do centro, polo que deberá mostrarse o Abalar para acreditar que o alumn@ estea matriculado no centro.
- Días para recoller tickets:
- Mércores 17 de xuño de 16:00 a 18:00h
- DOAZÓN DE ALIMENTOS NON PERECEDOIROS: Colaboraremos coa ONG Renacer, na recollida de alimentos non perecedoiros (conservas, aceite, leite, galletas, cacao, café, pastas, arroces, etc.). Membros da ONG recollerán as doazóns na entrada a festa. Tódolos anos facemos unha gran labor con esta recollida, animámosvos a colaborar coa iniciativa.
ORGANIZACIÓN E NORMAS DA FESTA:
- O alumnado deberá estar supervisado polos seus titores en todo momento. NON SE PERMITIRÁ O ACCESO AO RECINTO A MENORES NON ACOMPAÑADOS. Nin a ANPA nin a empresa responsable das actividades se farán responsables da custodia e coidado dos menores asistentes.
- Haberá monitores nas actividades, pero estes non se responsabilizarán do alumnado participante.
- NON está permitida a captación de imaxes doutros menores, nin a distribución das mesmas. Esta ANPA NON SE FAI RESPONSABLE DA CAPTACIÓN E DISTRIBUCIÓN DE IMAXES SEN PERMISO.
- QUEDA TERMINANTEMENTE PROHIBIDO ACCEDER A FESTA CON BALÓNS, PATINETES, BICICLETAS, etc., é dicir calquera xoguete ou similar que poida interferir na celebración da festa. Calquera obxecto susceptible de xerar conflito, ou que xere problemas durante o evento, poderá ser confiscado polos membros da ANPA ata o fin de festa ou ata que a familia abandone as instalacións.
- A ANPA reserva o dereito a denegar o acceso a festa, ou expulsar da mesma, a aquelas familias que non cumpran as normas ou indicacións dadas polo persoal da ANPA.
- Haberá inchables, inchables de auga (sempre que a climatoloxía o permita), actividades, música e festa da escuma o remate.
- Repartiremos auga e un pequeno pícnic o alumnado e irmáns, gratuitamente no momento do acceso a festa, ata fin de existencias. Non haberá merendas adaptadas para alérxicos ou intolerantes, debido os riscos que implica.
- Hora sen música entre as 19:00 e as 20:00. Coincidindo coa celebración da festa da escuma, se apagará a música para dar cabida o alumnado con sensibilidade auditiva. NOTA: Aínda así, o ruído producido polos asistentes podería ser molesto.
- ACONSELLAMOS: Traer roupa cómoda e unha muda seca para o remate da festa. Haberá actividades de auga polo que bañador, chancletas, escarpíns ou similar, toallas, etc., serían elementos útiles.
- PREGAMOS: Non deixedes lixo tirado polo chan e coidedes as instalacións, o CEIP é de e para todos e precisamos coidalo como se merece. Haberá contenedores grandes na entrada a festa para depositar o lixo, non saturedes as pequenas papeleiras das que dispón o centro.
- RECORDAMOS que non está permitido fumar nin vapear nas instalacións dos centros educativos. A Lei Antitabaco prohibe fumar, vapear ou consumir produtos de tabaco quentado en todo o recinto dos centros educativos (inclúe patios, edificios, áreas abertas e calquera espazo pertencente ao centro escolar.
ACLARACIÓN "CÓDIGO QR" E "CARNÉ DE SOCIO ANPA":
- Para a identificación dos socios deberá presentarse o código QR, que podedes obter na vosa área privada de socio:
- Accedendo a vosa información de socio mediante a "área familias" dispoñible na web.
- Baixo o menú de opcións tedes dous accesos "Carné de socio ANPA" e "Código QR".
- Para axilizar a entrada e evitar problemas de conexións, claves, etc., podedes traer a captura do carné e o código QR xa no voso móbil.
- IMPORTANTE! No caso de que o alumnado veña acompañado de avós, tíos, etc., deberán presentar igualmente esta información na entrada.
- Recordamos que o carné físico de socio NON é válido dende a entrada en funcionamento da aplicación (fai xa varios anos), os carnés físicos antigos non están selados nin actualizados, polo que non será un documento válido.
- Obtención do carné e o código QR:

ESPERÁMOSVOS!
GRAZAS POLA COLABORACIÓN
XUNTA DIRECTIVA ANPA MONTE DO MUIÑO