15 2026ANPA Monte Do Muíño

Detalle noticia

BLog Img

CAMPACOLES no CEIPP NOVO MESOIRO VERÁN 2026

Oferta de campamentos nas instalacións do CEIPP Novo Mesoiro para o verán de 2025 - Campacoles Verán'26 do Concello da Coruña

Boas familias!

Este verán 2026 soamente se ofrecerá campamento (nas instalacións do CEIPP Novo Mesoiro), a través da convocatoria de CAMPACOLES VERÁN'26, que se ofertará entre o 22 de xuño e o 31 de xullo.

Debido o fracaso da convocatoria para agosto dos últimos anos, e a ausencia de empresas con ofertas baratas/bonitas/interesantes, a ANPA non organizará ningún outro campamento este verán.

  • INFORMACIÓN: Podedes consultar toda a información AQUÍ.

Este ano ofertaránse 3 quendas, con 45 prazas no noso cole sobre as que teremos o 33% de preferencia (frente ao alumnado doutros centros públicos da Coruña que tamén poderán optar as prazas).

  • Quenda 1: 22 de junio a 3 de julio.
  • Quenda 2: 6 a 17 de julio
  • Quenda 3: 20 a 31 de julio

Leede atentamente a información detallada, datas de adxudicacións e condicións de pago.

  • INSCRICIÓN: Para que as familias poidan realizar a inscrición, deberán facelo a través da web da Federación AQUÍ. E necesario estar rexistrado no citado sistema da Federación de ANPAs (Cicerón).

O prazo de inscrición serán os días 4, 5, 6 e 7 de maio.

Adxunto a esta nova, podedes atopar o díptico informativo dos Campacoles 2026, información tamén dispoñible na web indicada do Concello da Coruña.