212 2026ANPA Monte Do Muíño

Detalle noticia

BLog Img
20/02/2026 Publicado por: ANPA Otros 2 Visto

Convocatoria BOLSAS COMEDOR MUNICIPAIS curso 2026-2027

Información da convocatoria Bolsas Comedor Municipais para o vindeiro curso

O Concello da Coruña publicou o 20 de Febreiro de 2026, no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2026/2027.

  • Prazo de presentación: do 23 de febreiro ao 13 de marzo de 2026, ambos incluídos.
  • Publicación do listado de solicitudes presentadas: PENDENTE
  • Publicación do listado de subsanación de documentación para a convocatoria: PENDENTE
  • Publicación do listado de resolución provisional e apertura do prazo de alegacións: PENDENTE
  • Toda a información da convocatoria pódese consultar:
    • Na web municipal de servizos sociais: Web Municipal
    • Na sede electrónica municipal: Sede Municipal
    • No teléfono 010 de información cidadán
  • Requisitos: Entre outros requisitos para acceder á bolsa, a/o alumna/o solicitante deberá:
    • Dispoñer de DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido (NIF) antes da finalización do prazo de corrección de documentación.
    • Estar empadroado/a no Concello da Coruña.
    • Matricula ou solicitude de matrícula nun centro educativo do termo municipal da Coruña.
    • Realizar as xestións para ter asignada, ao comezo do curso escolar, unha das prazas na modalidade presencial (no servizo de comedor).
    • Asistencia continuada de luns a venres durante todo o período lectivo, de setembro 2026 a xuño 2027.
  • Rexistro solicitude: telemáticamente ou de forma presencial (detallado nos enlaces indicados anteriormente).
    • Para consultar as canles ou lugares de presentación, revisar a pestana de datos "Presentación", no apartado "Canles de presentación" : Bolsas comedor - convocatoria 2026
    • Para esta convocatoria, aínda non se informou de si haberá charlas informativas nos centros cívicos dos barrios.

COMENTARIOS DA ANPA: Recordamos os seguintes aspectos que nos parecen importantes en canto a solicitude e disfrute das bolsas comedor:

  • As bolsas comedor non se fan cargo da cota de socio da ANPA nin da matricula de acceso os servizos, o usuario deberá encargarse e responsabilizarse de cumprir cos requisitos de acceso a cada comedor escolar (habitualmente xestionados polas ANPAs dos centros).
  • Tal e como indican os requisitos, non poderán ter bolsa comedor os usuarios esporádicos do servizo (o requisito e asistir todolos días lectivos).
  • As faltas de asistencia o servizo deberán ser xustificadas ante o Concello (existe un límite de faltas non xustificadas, o seu incumprimento conlevará a retirada da bolsa por parte do Concello).
  • O periodo de solicitude de praza no comedor, no caso do CEIPP Novo Mesoiro, previsiblemente se abrirá durante o mes de Agosto 2026 (como ven sendo habitual os últimos anos) con opción de ampliarse o prazo a xullo. Non é suficiente con indicar na matrícula o uso do servizo de comedor, este indicativo na matrícula é soamente orientativo e de cara a Consellería de Educación (información allea a ANPA).
  • Para a asistencia o servizo no CEIPP Novo Mesoiro, é de obrigado cumprimento o regulamento dos servizos. Dispoñible aquí.