209 2024ANPA Monte Do Muíño

Detalle noticia

BLog Img
23/02/2024 Publicado por: ANPA Familia 504 Visto

Concurso de debuxo: "DÍA DA MULLER"

Descrición, bases e agradecementos do concurso polo DÍA DA MULLER DO 08-03-2024

Dende o ANPA Monte do Muiño queremos poñer en valor a todas esas mulleres que cambiaron o mundo, xa sexa a avoa que nos ensinou a importancia dos nosos dereitos, a nai que cada día traballa para mellorar a vida da súa familia e amigos, a científica que coas súas investigacións deu un paso máis no mundo, por todas elas, propoñémosvos este concurso de debuxo.

Sabemos que temos grandes artistas entre os/as pequenos/as do noso cole, a través deste concurso poderán expresarse dunha forma divertida, á vez que reflexionan sobre a importancia das mulleres na nosa historia, presente e futuro.

¡¡¡¡ANIMADEVOS A PARTICIPAR!!!!

Elixiranse dous gañadores entre os participantes, sobre unha preselección de 3 finalistas por categoría, e os gañadores serán elixidos mediante votación popular no noso instagram (@anpamontedomuino). Os gañadores recibirán como agasallo un libro, relacionado coa temática do concurso.

Todolos debuxos participantes serán expostos no noso cole, como parte das actividades polo DÍA DA MULLER.

BASES DO CONCURSO: Podes consultar as bases, no apartado de "Documentos" desta noticia.

AGRADECEMOS a súa colaboración o CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro e a libraría Menudo Papelón.