1211 2025ANPA Monte Do Muíño

Detalle noticia

BLog Img

INSTRUCIÓNS EXTRAESCOLARES Curso 2025-2026 - Horarios, Entradas-Saídas, etc.

Información relativa as actividades extraescolares, horarios, portas de acceso e saída, normas, altas-baixas e outros.

A seguinte nova recolle as instrucións das actividades extraescolares dende setembro 2025 e ata o fin de curso, xuño 2026. O contido desta nova poderá ser actualizado durante o curso, en función dos cambios ou correccións necesarias segundo a evolución das actividades.

A nova recolle: horarios, entradas/saídas das actividades, tarifas, normas, procedementos de alta/baixa e contacto das empresas.

HORARIO EXTRAESCOLARES CURSO 2025/2026 

A aplicar dende o 1/10/2025 e ata o 19/06/2025 (último día do curso escolar 2025/2026).

A efectos de consulta, este foi o calendario para o mes de SETEMBRO 2025, dado que durante dito mes a oferta é máis reducida:

ENTRADAS E SAÍDAS DAS ACTIVIDADES EXTRAEXCOLARES

As entradas e saídas varían entre aquelas que teñen lugar no mes de setembro e de outubro en diante, as de setembro manteranse soamente a efectos de consulta pero non teñen efecto unha vez iniciado o mes de outubro.

1) ENTRADAS/SAÍDAS DENDE OUTUBRO 2025:

2) ENTRADAS/SAÍDAS SOAMENTE PARA SETEMBRO 2025: A seguinte táboa recolle as indicacións para as entradas e saídas das extraescolares ofertadas no mes de setembro (con comezo o día 08/09/2025 e fin o 30/09/2025). 

NORMAS PARA ENTRADAS/SAÍDAS:

  • ENTRADA:
    • O alumnad@ que asiste a comedor, pasa directamente as 4 a actividade extraescolar que lle corresponde.
    • O resto do alumnad@ debe respetar a táboa de entradas/saídas de extraescolares, e estar 5min antes do inicio da actividade na entrada correspondente.
  • SAÍDA: Debe respetarse a táboa de entradas e saídas de extraescolares. 
  • Soamente se entregarán os alumn@s as persoas debidamente autorizadas ante as empresas que se encargan de impartir cada unha das actividades extraescolares, e ditas persoas deberán acudir identificadas co seu DNI.
  • Os monitores do comedor NON se farán responsables do coidado do alumnado que non fagan uso do servizo de comedor e asista a actividades extraescolares. Por tanto, o alumnado que acceda as actividades dende fora deberá esperar acompañado do titor ou adulto responsable ata a presenza do monitor da actividade correspondente, e non acceder o centro con anterioridade (pola entrada que corresponda). Alumn@s e monitores deberán estar no centro 5/10min antes do comezo das actividades.
  • Patinaxe - Galicia Rollers e Prepatinaxe I e II - Federación de ANPAs: Os nais/pais/titores daqueles alumnos que non teñan autonomía para poñer/quitar os patíns, poderán acceder a pista polideportiva unicamente para este fin. Poderán acceder 10 min antes do comezo da actividade, sempre que os monitores da actividade se atopen presentes, e deberán esperar a finalización da actividade para acceder na saída. Non poderá permanecer ningún titor no centro unha vez iniciada a actividade, e estes deberán volver a saír pola porta do pavillón, estando prohibido atravesar o centro para a saída.
  • Judo Kids, Xogos e Movemento, Baile Moderno: A saída este curso será na porta do ximnasio, polo que os titores deberán acercarse a porta e se irán chamando @s nen@s para a súa saída.
  • Judo Junior: A saída seguirá sendo pola porta principal.
  • Recordamos que:
    • Está prohibido acceder as instalacións do CEIPP Novo Mesoiro con animais.
    • NON se pode acceder as instalacións do cole, salvo autorización expresa da conserxe ou os casos contemplados anteriormente.

ENLACES DE INCRICIÓN, BAIXA ou MODIFICACIÓNS (a partir do 8 de setembro de 2025 e ata maio 2026)

Tanto as inscricións como as baixas deberán realizarse segundo as indicacións de cada unha das empresas, tendo en conta que existe unha data límite dentro do mes para causar alta/baixa no mes seguinte. No caso de non causar baixa antes da data indicada pola empresa, deberá facerse o pago da mensualidade do mes seguinte.

TARIFAS DEFINITIVAS EXTRAESCOLARES CURSO 2025/2026

O acceso as extraescolares require o abono da matrícula de 100€ por familia e curso escolar (os socios teñen como beneficio a gratuidade na matrícula), que dará acceso a tódalas actividades xestionadas pola ANPA.

08/10/25: Actualizase a táboa por un erro nos importes de irmás/ns para Galicia Rollers.

OUTRAS NOVAS DE INTERÉS SOBRE EXTRAESCOLARES

  • Información para as inscricións no mes de xuño, cadro provisional da oferta e tarifas para o curso 2025/2026. AQUÍ