196 2025ANPA Monte Do Muíño

Detalle noticia

BLog Img
17/06/2025 Publicado por: ANPA Familia 134 Visto

FONDO DE LIBROS ANPA para o curso 2025-2026

A ANPA pon en marcha o seu fondo de libros, de cara o curso 2025-2026

Non deberedes confundir este fondo co "Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar", que pon en marcha a Xunta de Galicia anualmente, e que xestiona o CEIPP Novo Mesoiro, no noso caso. Neste as familias, dependendo o ciclo e outros, poderían ser beneficiarias de cheques para axuda o pago de material e/ou libros, ou poder facer uso dos libros do fondo que ten o noso cole. A información deste fondo a tedes nesta nova do cole: FONDO SOLIDARIO LIBROS E AXUDA A MATERIAL | CEIP Novo Mesoiro

Para a xente NON BENEFICIARIA do fondo de libros anterior (é dicir, que non lles concedan o uso dos libros de texto para 3º a 6º de primaria) a ANPA pon en marcha o seu propio fondo de libros gratuito, grazás as doazóns das familias que usaron os libros de texto en cursos pasados.

RECOLLIDA DE LIBROS PRESTADOS O CURSO 2024/2025

Os alumn@s que dispoñan de libros prestados poderán deixalos na aula o último día de clase (20 de xuño), o centro nos fará chegar os libros devoltos. Noutro caso, se deberá acordar unha cita coa ANPA para a devolución destes, preferiblemente antes do 30 de xuño (dado que os libros pasarán a formar parte do fondo ofertado o vindeiro curso).

Podedes contactar con nos enviando un email a info@anpamontedomuino.es, co asunto "Fondo de libros: devolución 24/25".

RECOLLIDA DE DOAZÓNS DE LIBROS PARA OFERTAR DE CARA O CURSO 2025/2026

Todas aquelas familias que teñan libros de 3º a 6º de primaria do curso actual 2024/2025 e desexen doalos, soamente terán que:

  1. Enviar un email a info@anpamontedomuino.es cos datos do alumn@ e o curso, co asunto "Fondo de libros: doazón". Precisamos ter o listado de alumnos que donarán os libros como límite o día 19/06, para avisar ao centro.
  2. O último día de clase (20 de xuño), os libros quedarán na aula e recollerémolos alí, para incorporalos ao fondo de libros.

Animámosvos a colaborar, para que pouco a pouco tódalas familias poidan ter o recurso dos libros de balde.

SOLICITUDE DO FONDO DE LIBROS DA ANPA PARA O CURSO 2025/2026

CRITERIOS DE ACCESO E PRIORIDADE NAS SOLICITUDES

Animamos a calquera familia que, necesitando os libros, non cumpra os criterios indicados a continuación, a que nos achegue o seu caso para poder valoralo. Recordamos que soamente haberá dispoñibilidade de libros entre 3º e 6º de Primaria.

  1. Poderá beneficiarse o alumnado do CEIPP Novo Mesoiro no curso 2025/2026. A solicitude está aberta a todo o alumnado do CEIP, sexa ou non socio desta ANPA.
  2. Ter solicitada a Axuda de Libros (concedida ou denegada) para o curso 2025/2026. Referente o procedemento ED330B: PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA
    ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
  3. O alumnado o que se lle concenderán 4 libros na Axuda deste curso, poderá optar os dous adicionais.
  4. Asignaráse un número a cada solicitude recibida, por estrito orde de chegada da petición. No caso de que se reciban máis solicitudes que libros dispoñibles na oferta, faráse un sorteo para a adxudicación (soamente coas solicitudes necesarias) en base a este número asignado na recepción da solicitude.

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE, ADXUDICACIÓN E ENTREGA OS BENEFICIARIOS

  1. O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto entre o 21/07/2025 e o 17/08/2025.
  2. Enviar un email a info@anpamontedomuino.es co asunto "Solicitude Fondo de Libros 2025-2026".
  3. Indicar no email: nome do alumno, curso e os libros que se solicitan.
  4. So no caso de que fora preciso: Realizaráse sorteo para a adxudicación dos libros, en base ao número asignado coa presentación da solicitude por email.
  5. Adxudicación:
    1. Unha vez pechado o prazo de solicitude, procederemos a revisar os datos e realizar o reparto de exemplares segundo os criterios indicados.
    2. De cara a primeira semana de setembro comunicarase, en resposta ao email recibido, a concesión ou non dos libros que corresponda.
    3. No email de resposta indicarase o lugar e data para a recollida dos libros.
    4. No caso de quedar libros adxudicados e que finalmente non foran recollidos, notificarase en resposta ao mesmo email a retirada da asignación e otorgaranse o seguinte na lista de petición (se existira).
    5. No caso de existir libros sobrantes, a súa asignación podería realizarse (de acordo coa directiva do CEIPP Novo Mesoiro) ao longo do curso, ou quedar en depósito para o curso seguinte.

LIBROS DISPOÑIBLES PARA O CURSO 2025/2026

--> PENDENTE DOAZÓNS (de cursos pasados temos libros de 3º, 4º, 5º e 6º, neste caso os que menos)