136 2025ANPA Monte Do Muíño

Detalle noticia

BLog Img
12/06/2025 Publicado por: ANPA AMPA 284 Visto

¡¡¡¡¡FESTA FIN DE CURSO 2024-2025!!!!

O curso chega o seu fin, e imos celebralo por todo o alto na festa de fin de curso do noso cole que terá lugar o 20.06.2025

A festa de fin do curso 2024/2025, terá lugar o venres 20 de xuño entre as 17h e as 20h, na pista polideportiva do CEIPP Novo Mesoiro.

Por mor da festa, se aplicarán os seguintes cambios nos servizos:

  • COMEDOR: O alumnado de primaria que quede a comedor, e non a extraescolares, o día da festa sairán polo ximnasio (igual que infantil).
  • EXTRAESCOLARES: Tódalas actividades extraescolares dese día rematarán as 17h. Por tanto, veranse afectadas as extraescolares de: Cociña, Fútbol e Baile Galego.

Colaboraremos para a recollida de alimentos non perecedoiros coa ONG Renacer. Agradecemos colaboredes con esta iniciativa!

Os titores que desexen colaborar coa ANPA no desenvolvemento da festa, tarefas durante (reparto de merendas) ou posterior a celebración (limpeza e recollida das instalacións), pregamos manden un email antes do día 18/06 a info@anpamontedomuino.es, co asunto "Colaborador Festa 24/25". Estimamos a colaboración entre as 16:30 e as 18h, e a partir das 19:30.

ENTRADA:

  • CONTROL DE ACCESO: soamente poderá acceder o alumnado do CEIPP Novo Mesoiro, acompañado por irmás/ns (maiores ou pequenos) e non máis de dous adultos por unidade familiar.
    • Identificación no acceso:
      • SOCIOS da ANPA: Presentando o código QR, dispoñible na área privada de socio. Podedes traer unha captura de pantalla para axilizar o proceso (avós, tíos, etc., que acompañen ao alumnado, deberán traer dito código). Os socios deberán identificarse como tal no acceso a festa, noutro caso non se permitirá a entrada, e atoparse o corrente de pago das cotas para o curso 24/25.
      • NON SOCIOS da ANPA: Presentando o ticket, previamente adquirido nos días de venda.
    • A entrada ao recinto comezará as 17:00, coincidindo co inicio da festa.
  • Adquisición de tickets (soamente para NON socios): poderedes facer a doazón coa que se entregará o ticket para o acceso a festa, no local da ANPA (sito no lateral exterior do edificio, accedendo pola entrada principal do cole).
    • 5€ por nen@ e serán nominativas. Os titores non precisarán entrada.
    • Só está permitido o acceso para o alumnad@ do centro, polo que deberá mostrarse o Abalar para acreditar que o alumn@ estea matriculado no centro.
    • Días para recoller tickets
      • Mércores 18 de xuño de 16:00 a 17:00h
      • Noutro caso, os interesados deberán enviar un mail a info@anpamontedomuino.es, para acordar unha cita.
  • DOAZÓN DE ALIMENTOS NON PERECEDEIROS: Colaboraremos coa ONG Renacer, na recollida de alimentos non perecedeiros (conservas, aceite, leite, galletas, cacao, café, pastas, arroces, etc.). Membros da ONG recollerán as doazóns na entrada a festa. Tódolos anos facemos unha gran labor con esta recollida, animamosvos a colaborar coa iniciativa.

ORGANIZACIÓN E NORMAS DA FESTA:

  • O alumnado deberá estar supervisado polos seus titores en todo momento.
  • Haberá monitores nas actividades, pero estes non se responsabilizarán do alumnado participante.
  • NON está permitida a captación de imaxes doutros menores, nin a distribución das mesmas. Esta ANPA NON SE FAI RESPONSABLE DA CAPTACIÓN E DISTRIBUCIÓN DE IMAXES SEN PERMISO.
  • QUEDA TERMINANTEMENTE PROHIBIDO ACCEDER A FESTA CON BALÓNS, PATINETES, BICICLETAS, etc., é dicir calquera xoguete ou similar que poida interferir na celebración da festa. Calquera obxecto susceptible de xerar conflicto, ou que xere problemas durante o evento, poderá ser confiscado polos membros da ANPA ata o fin de festa ou ata que a familia abandone as instalacións.
  • A ANPA reserva o dereito a denegar o acceso a festa, ou expulsar da mesma, a aquelas familias que non cumpran as normas ou indicacións dadas polo persoal da ANPA.
  • Haberá inchables, inchables de auga (sempre que a climatoloxía o permita), actividades, música e festa da escuma o remate.
  • Repartiremos auga e un pequeno pícnic o alumnado e irmáns, gratuitamente no momento do acceso a festa, ata fin de existencias.
  • Hora sen música entre as 19:00 e as 20:00. Coincidindo coa celebración da festa da escuma, se apagará a música para dar cabida o alumnado con sensibilidade auditiva.
  • ACONSELLAMOS: Traer roupa cómoda e unha muda seca para o remate da festa. Haberá actividades de auga polo que bañador, chancletas, escarpíns ou similar, toallas, etc., serían elementos útiles. 
  • PREGAMOS: Non deixedes lixo tirado polo chan e coidedes as instalacións, o CEIP é de e para todos e precisamos coidalo como se merece. Haberá un contenedor grande na entrada a festa para depositar o lixo, non saturedes as pequenas papeleiras das que dispón o centro.

ACLARACIÓN "CÓDIGO QR" E "CARNÉ DE SOCIO ANPA":

  • Para a identificación dos socios deberá presentarse o código QR, que podedes obter na vosa área privada de socio:
    1. Accedendo a vosa información de socio mediante a "área familias" dispoñible na web.
    2. Baixo o menú de opcións tedes dous accesos "Carné de socio ANPA" e "Código QR". 
    3. Para axilizar a entrada e evitar problemas de conexións, claves, etc., podedes traer a captura do carné e o código QR xa no voso móvil.
    4. IMPORTANTE! No caso de que o alumnado veña acompañado de avós, tíos, etc., deberán presentar igualmente esta información na entrada.
    5. Recordamos que o carné físico de socio NON é válido dende a entrada en funcionamento da aplicación (fai xa varios anos), os carnés físicos antigos non están sellados nin actualizados, polo que non será un documento válido.
  • Obtención do carné e o código QR:

ESPERÁMOSVOS!

GRAZAS POLA COLABORACIÓN

XUNTA DIRECTIVA ANPA MONTE DO MUIÑO