196 2025ANPA Monte Do Muíño

Detalle noticia

BLog Img
19/06/2025 Publicado por: ANPA AMPA 9 Visto

ALTAS, RENOVACIÓNS E BAIXAS DE SOCIOS DO CURSO 2025-2026

O prazo de ALTAS e RENOVACIÓNS de SOCIOS da ANPA, estará aberto do 21-06 o 06-07. Información para BAIXAS de socio.

Queridas FAMILIAS,

Para os trámites do curso 2025/2026, os prazos de alta e renovación serán entre o 21/06/25 e o 06/07/25 (ambos inclusive).

NON SE PODE REALIZAR A ALTA E RENOVACIÓN CON ANTERIORIDADE A CITADA DATA. Tampouco deberedes facer cambios de curso ou incluír a fill@s que iniciarán o próximo ano, dado que ata a madrugada do día 21 o sistema considerará que se trata de información do curso actual 24/25.

No mes de setembro, todos deberiades ter correctamente rexistrada a información da familia na área de socio (sede especialmente coidadosos co nome, apelidos, DNI, curso dos alumnos, grupo, etc.). Tede en conta que esta información utilizase para xestionar o reparto de cheques da subvención de comedor, contrastar listados coas empresas concesionarias dos servizos (comedor, extraescolares, etc.), e outros temas derivados da xestión da ANPA.

Por favor, rexistrade o nome completo e correcto (segundo DNI) de tódolos membros da familia socia, as diferenzas nos datos están a xerar problemas cando precisamos cadrar información dos socios (por exemplo, no reparto da subvención de comedor).

Soamente serán válidas as renovacións e altas rexistradas a través da área de socio, e co recibo adxunto da transferencia.  Área familias: Acceso Área Familias (anpamontedomuino.es)

IMPORTANTE:  Os NON Socios deberán aboar unha matrícula de 100€ por familia e curso escolar, para ter acceso os servizos (os socios da ANPA están exentos deste pago). Os socios que non se atopen ao corrente do pago da cota, durante o curso 2025/2026, non terán dereito a voto e deberán aboar a matrícula de acceso os servizos.

INFORMACIÓN PARA O PAGO DA COTA DE SOCIO DO CURSO 2025/2026:

O pago da cota se realizará mediante transferencia bancaria a conta da ANPA. Recordámosvos que a cota se abona por FAMILIA, nun único pago anual

Revisade ben as indicacións para a transferencia, dado que información incorrecta pode dar lugar a non validar a renovación ou alta do socio.

  • CONTA BANCARIA DA ANPA (ABANCA): ES18 2080 0068 7730 4003 6982 
  • IMPORTE DA COTA: 30€
  • CONCEPTO TRANSFERENCIA: Variable en función de que se realice unha ALTA ou unha RENOVACIÓN.
    • ALTA DE SOCIO. Indicar o texto: "ALTA: APELIDO1 APELIDO2". Sendo "APELIDO1 APELIDO2" os da familia, e dicir, os do/s alumn@/s.
    • RENOVACIÓN DE SOCIO. Indicar o texto: "RENOVACIÓN: SOCIO: XXX". Sendo "XXX" o número de socio que realiza a renovación.

Información para as renovacións: Dende a noite do 20/06, TODOS os socios figuraremos como "Non socios", esta situación será temporal ata que se verifiquen os pagos e xustificantes do novo curso. 

Información para as ALTAS: A medida que sexa posible, durante a apertura de prazo, iremos asignando o número de socio correspondente as ALTAS, as que lle daremos prioridade para que poidan utilizar o seu número de socio na inscrición dos servizos e extraescolares. Tede en conta que non podemos verificar a alta e asociar número de socio ata recibido o ingreso no banco, polo que non deixedes os rexistros para o último día (non somos robots traballando 24/7).

NOTA: As familias que fagan ingresos improcedentes na conta da ANPA (non respectar os prazos, cotas incorrectas, pagos duplicados, etc.), e que por tanto sexa necesario devolverlle o importe abonado, terán que facerse cargo da taxa da transferencia de devolución (3€).

BAIXAS DE SOCIO:

Aqueles socios que desexen darse de baixa de cara ao curso 2025/2026, poderán facelo tamén dende o 21/06, e en calquera momento no que o desexen. Para solicitar a baixa:

  1. Acceder a área do socio: Área familias: Acceso Área Familias (anpamontedomuino.es)
  2. Acceder a "Servizos contratados"
  3. Solicitar a baixa da ANPA mediante a opción "Formulario de Baixa".
  4. Mostraranse os datos da familia a dar de baixa, se poderá introducir un texto explicativo do motivo da baixa, e finalmente se deberá premer sobre "Enviar a solicitude".

Se tedes calquera dubida ou consulta, contactádenos no correo da asociación: info@anpamontedomuino.es

Moitas gracias!

Xunta Directiva ANPA Monte do Muiño