CAMPAMENTOS no CEIPP NOVO MESOIRO VERÁN 2025
Oferta de campamentos nas instalacións do CEIPP Novo Mesoiro para o verán de 2025
Novamente, o verán 2025 volvemos a ofertar dúas modalidades de campamento, en función das datas:
23 de XUÑO a 1 de AGOSTO: CAMPACOLE
Un ano máis, fomos seleccionados como sede para os Campacoles, campamento do Concello da Coruña, xestionado pola Federación de ANPAs.
Podedes consultar as condicións detalladas para a solicitude de praza na web do concello (aquí) ou no cartel axunto a esta nova. E neste outro enlace tedes a información de tódolos campamentos do concello.
Tede en conta que:
- O campamento ofertase en 3 quendas (de dúas semanas cada unha): 23/06 a 4/07, 07/07 a 18/07, 21/07 a 01/08.
- Os beneficiarios de beca comedor teñen desconto no campamento (bonificación do 50% no concepto de cota específica do campacole).
- Horario máximo (solicitando madrugadores con ou sen almorzo) de 08:30 a 15:30.
- Soamente o poden solicitar alumnos de CEIPs do Concello da Coruña no presente curso (de Infantil e Primaria).
- O alumnado do centro ten preferencia en ata un 33% das prazas da quenda solicitada no seu propio centro.
- A asignación de prazas farase por sorteo (en base os números asignados na inscrición).
- Si, sendo beneficiario dunha praza no campamento non se efectúa o pago en prazo, a praza pasará a estar dispoñible para a lista de espera.
- Revisade detidamente as condicións, datas e tarifas na web do Concello indicada anteriormente.
- Período de inscrición: Dende o 13/05/2025 ata o 15/05/2025
- PREGAMOS que, si sendo beneficiarios dunha praza no campacole finalmente non a necesitades, informedes a Federación de que a rexeitades para que poidan ofrecerlla a lista de agarda canto antes.
LISTADOS DE ADMITIDOS, PUBLICADAS O 02/06/2025: Se estás admitido, o periodo de pago é envío do xustificante é do 03 ao 05 de xuño. Revisade atentamente as instrucións para o pago.
Podes ver a lista de admitidos en tódolos centros AQUÍ
Especificamente a lista de Mesoiro AQUÍ
4 de AGOSTO a 5 de SETEMBRO: SEROCIO --> NON HABERÁ CAMPAMENTO EN AGOSTO NO CEIPP NOVO MESOIRO
Finalmente, a última semana de curso SerOcio informounos de que non levaría a cabo o campamento no noso cole.
Tedes a opción de acudir a outras sedes que si ofrece a empresa, e vos aplicarán igualmente o desconto por socios da ANPA.
Pedimos as nosas máis sinceras desculpas a aqueles que estabades agardando, pero a cancelación é allea a nosa vontade.