244 2025ANPA Monte Do Muíño

Detalle noticia

BLog Img
17/04/2025 Publicado por: ANPA AMPA 160 Visto

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA E EXTRAORDINARIA DE SOCIOS - 29 DE ABRIL DE 2025

Convocase a asemblea xeral ordinaria e extraordinaria de socios, que terá lugar o próximo 29 de abril de 2025

Acordo os estatutos da ANPA Monte do Muiño, procédese a convocar os socios desta ANPA a:

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA E EXTRAORDINARIA

MARTES, 29 DE ABRIL DE 2025

PRIMEIRA CONVOCATORIA: 16:00 Horas

SEGUNDA CONVOCATORIA: 16:30 Horas

LUGAR: CEIPP NOVO MESOIRO (comedor)

ORDE DO DÍA:

  1. Aprobación da acta da asemblea extraordinaria, de data 14/05/2024.
  2. Presentación do informe financeiro e aprobación de orzamentos.
  3. Cota socio ANPA 2025/2026 e aprobación da cota única por familia, si procede.
  4. Festa fin de curso: Información 2024/2025 e aprobación orzamento 2025/2026.
  5. Planificación curso 2025/2026: extraescolares e unificación datas renovación/alta socios.
  6. Subvención comedor curso 2023/2024: información de situación.
  7. Renovación Xunta Directiva ANPA.
  8. Accesos CEIPP: situación actual, incidencias pasadas e recollida de ideas para trasladar a dirección se procede.
  9. Rogos e preguntas

NOTA: En caso de non poder asistir, recordase os socios que poden facer uso da delegación de voto. Así mesmo, aqueles socios que non se atopen o corrente do pago da cota anual no curso 2024/2025, non terán dereito a voto. Os únicos puntos a tratar serán os incluídos na orde do día.

IMPORTANTE! Nesta asemblea procederase a renovación da xunta directiva da ANPA, e necesario que dita xunta estea composta por a lo menos 5 socios (ao corrente de pago). A directiva actual, cree convinte que esta estea formada por un número superior, dado que e moi dificil levar a cabo as tarefas da ANPA con este número de membros. De non acadarse un número de membros suficiente para a formación da nova xunta, deberá disolverse a ANPA e en consecuencia deixarían de prestarse os servizos complementarios no noso centro (comedor, extraescolares, ...) así coma outras moitas labores.

CANGURAXE PARA A ASEMBLEA: Para facilitar a asistencia dos titores a asemblea ofrecerase servizo de canguraxe, de 4 a fin da asemblea (non mais tarde das 17:45). Para estimar o número de nen@s asistentes, pregamos enviar un correo a ANPA para a súa solicitude AQUÍ. ENVIAR O CORREO COMO LÍMITE O VENRES 25/04/2025. Se o(s) alumn@(s) se atopan en actividade ata as 5, pregamos o indiquedes na solicitude para que pasen directamente da actividade o canguarxe a citada hora.

Como información complementaria a esta convocatoria, poñemos a vosa disposición:

- Documento coa convocatoria da asamblea.

- Documento para a delegación de voto desta asamblea.

- A acta da asemblea xeral extraordinaria celebrada o 14/05/2024. Na asemblea non se procederá a ler a acta, únicamente se dará aprobación a mesma coa conformidade dos membros asistentes, polo que agradeceríamos os socios procedan a súa lectura antes da asemblea. 

- Podedes consultar algunhas das tarefas levadas a cabo pola xunta directiva actual, aquí.

Recordamos que as familias que non sexan socias ou non se atopen o corrente de pago da cota do curso 2024/2025 non terán dereito a voto, aínda que si poderán asistir a asemblea.

Para calquera dúbida podedes contactar con nos por correo electrónico a info@anpamontedomuino.es