O 19 de setembro do 2024, faisenos chegar a través da Federación de ANPAs a seguinte información relativa a actividade de "Natación Escolar" que oferta o Concello da Coruña para o curso 2024/2025.
Ata o 20 de setembro do 2024 non puidemos aclarar moitas das dúbidas xurdidas co novo procedemento, esperamos que os interesados atopen nos seguindes datos toda a información necesaria para a inscrición.
PROGRAMA DE NATACION ESCOLAR 2024/2025
Desde a Concellería de Deportes do Concello da Coruña querémosvos informar do inicio do Programa de Natación Escolar nos centros educativos públicos.
A Campaña de Natación Escolar vai dirixida exclusivamente aos escolares de 3º e 4º de Primaria de centros educativos públicos, cun total de 500 prazas ofertadas, distribuídas en tres piscinas, e según as datas e horarios para cada grupo/Centro que se indican no ANEXO (axunto a esta nova). No caso do CEIPP Novo Mesoiro: 20 PRAZAS
As inscricións para participar na actividade realizaranse en cada centro escolar (a través da ANPA), do 19 ao 26 de setembro de 2024, ata o número de prazas máximo indicado nas condicións da oferta para cada centro escolar. No caso do CEIPP Novo Mesoiro:
- Prazas e horarios asignados: (imaxe captura do anexo axunto a esta nova)
- Procedemento de preinscrición: Enviar un email a ANPA (info@anpamontedomuino.es) indicando:
- Asunto do email: "Preinscrición Natación Escolar 2024/2025"
- Detalle do email:
- Nome do alumn@
- Curso e grupo
- Titor responsable
- Teléfono de contacto
O día 27 de setembro cada centro deberalle remitir a listaxe de persoas preinscritas ao Servizo Municipal de Deportes.
O alumnado preinscrito na actividade formalizará a inscrición do 30 de setembro ao 04 de outubro, nas oficinas dos centros deportivos correspondentes, nun único pagamento de 55,07 €. No caso do CEIPP Novo Mesoiro: Nas oficinas do Club del Mar (para os colexios que acudan a Piscina de San Amaro).
No momento da formalización da inscrición, deberá entregarse tamén o TALÓN de PAGO cuberto (axunto a esta nova).
Este pago inclúe o desenvolvemento da actividade de natación, o traslado dende o centro e unha cobertura sanitaria.
O Servizo Municipal de Deportes tentará manter o horario indicado, aínda que poderá haber modificacións segundo as variacións que se poidan producir na matriculación do alumnado.
Para o transporte, tomarase o centro educativo como referencia para a recollida e entrega dos/das escolares ás familias. O centro garantirá a presenza dunha persoa adulta que será a responsable do alumnado durante o tempo que permaneza na parada. Aclaración: A persoa adulta deberá ser o nai/pai/titor ou persoa responsable do acompañamento e coidado do alumnado, non existirá outra figura adulta de acompañamento por parte da actividade.
Cada ANPA nomeará un/unha responsable para realizar a campaña de natación escolar que disporá dun teléfono de contacto para posibles incidencias.
As datas de desenvolvemento da devandita campaña abranguerán, seguindo o calendario escolar, do 14 de outubro ata o 30 de maio. Os días non lectivos, de cada centro, non se levará a cabo a actividade, por tanto, no noso CEIP, non haberá actividade os días: 4 de novembro (día elixido polo cole), 23 e 30 de decembro así coma o 7 de xaneiro (nadal), 3 de marzo (carnaval), 14 e 21 de abril (semana santa).
Para calquera aclaración sobre a actividade, pódense dirixir ao Servizo Municipal de Deportes, a través do teléfono 981 189 800 Ext.:25030
OCUPACIÓN DE PRAZAS LIBRES - Actualización a 07/10/2024
Unha vez pechado o prazo ordinario establecido na convocatoria para a formalización do pago dos prerexistrados no Programa de Natación Escolar 2024-2025, e a fin de ocupar as prazas libres, ábrese un segundo prazo de inscrición extraordinario para os Centros Escolares nos que quedaron prazas sen cubrir, en Mesoiro quedan 3 prazas libres.
A ocupación de prazas libres realizarase, durante os días 7, 8 e 9 de outubro, por rigorosa orde de chegada, directamente nas oficinas do Club del Mar (para os colexios que acudan a Piscina de San Amaro), e mediante a entrega do TALÓN DE PAGO do anexo I de 55,07€
As prazas libres só poderán ser ocupadas por alumnos/as de 3º e 4 de Primaria do propio Centro Escolar.
Aclaracións IMPORTANTES por parte da ANPA Monte do Muiño (seguindo indicacións telefónicas dos responsables da actividade):
- As prazas dispoñibles serán asignadas por orde de chegada do email correspondente.
- Non existe número mínimo de inscritos para levar a cabo a actividade, pero si o máximo establecido dende o Concello.
- Esta ANPA SOAMENTE xestionará inscricións do alumnado do CEIPP Novo Mesoiro, feito para o cal se verificará que os alumnos pertencen o centro e os cursos 3º ou 4º de Educación Primaria.
- O concello non permitirá ratificar a inscrición, mediente o pago da cota anual, a aqueles alumn@s que non consten previamente inscritos nos listados que enviará esta ANPA. Por tanto, toda inscrición de Novo Mesoiro deberá ser realizada nos termos indicados anteriormente.
- Esta ANPA quere deixar clara a súa disconformidade coas datas (recibindo a información unha vez iniciada a inscrición), as indicacións pouco claras e confusas, ademáis de cambiantes con respecto a cursos pasados.
- Esta ANPA NON se fará responsable da garda e supervisión do alumnado que se inscriba no programa de Natación Escolar, deixamos claro que o alumnado deberá estar acompañado na parada do bus por un adulto responsable, e este deberá agardar a chegada do autobús. Dado que, en caso contrario, o alumnado non podería baixar do bus a chegada a parada.
- A ANPA NON organiza esta actividade, pero se ve na necesidade de actuar como intermediaria polo beneficio da nosa comunidade educativa, que e organizada polo Concello da Coruña.
- A ANPA actuará como mera intermediaria entre os responsables do programa de "Natación Escolar" e as familias do noso centro, non tendo ningunha outra responsabilidade que a xestión das listas de inscrición e comunicar a información recibida aos inscritos.