209 2024ANPA Monte Do Muíño

Detalle noticia

BLog Img
19/09/2024 Publicado por: ANPA Otros 336 Visto

CONCESIÓN E DENEGACIÓN: BOLSAS COMEDOR CURSO 2024-2025

O Concello publica a resolución das bolsas comedor para o curso 2024-2025

RESOLUCIÓN PROVISIONAL

O día 6 de agosto de 2024 publicouse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, a listaxe provisional de concesión e denegación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2024/2025.

Os listados identificarán as solicitudes atendendo ao número de expediente asignado.                              

Pódense consultar en:

  • Taboleiro de edictos

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/infopublica?method=view&id=21162

  • Páxina web de servizos sociais

 https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/inicio/noticias/detalle-noticias/propuesta-de-resolucion-provisional-de-la-convocatoria-de-becas-comedor/suceso/1453872876018

As persoas propostas como beneficiarias e segundo o establecido no punto 7.1 das bases reguladoras para gozar da bolsa comedor, deben realizar as xestións oportunas co provedor ou entidade xestora do servizo de comedor para ter asignada, ao comezo do curso escolar (setembro), unha das prazas dispoñibles para a prestación deste servizo nun centro escolar do termo municipal na modalidade presencial e con asistencia continuada de luns a venres.

As persoas interesadas poderán facer alegacións do 7 ao 21 de agosto (ambos os incluídos), as cales se poderán presentar en calquera dos rexistros municipais, na sede electrónica do Concello da Coruña ou por calquera outro medio previsto no artigo 16.4 da lei 39/2015 de 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas.

RESOLUCIÓN DEFINITIVA

O día 30 de agosto de 2024 o concello informa da publicación da listaxe definitiva da concesión e denegación de bolsas municipais de comedor, e da resolución das alegacións.

O detalle da información no seguinte enlace:

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/infopublica;jsessionid=DFE0CE55C952714BD7C2DA40FA08D2E2.opensiac2?method=view&id=21322

AMPLIACIÓN DE CRÉDITO BECA COMEDOR

O día 19 de setembro de 2024, o concello publica a proposta complementaria de resolución definitiva da convocatoria de becas de comedor para o curso escolar 2024/2025. Poden consultar a publicación no siguiente enlace:

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/infopublica;jsessionid=B72C56BA5AF303853BC9223945C7FDAF.opensiac1?method=view&id=21503

Tras a ampliación de crédito na convocatoria de Beca Comedor procedese a aumentar o número de beneficiarios ata agotar o novo crédito dispoñible.

Procedese a AMPLIAR O NÚMERO DE PERSOAS BENEFICIARIAS para as que o resultado da valoración da sua solicitude de beca fora DENEGADA TRAS APLICAR CRITERIOS DE DESEMPATE, e ata agotar o novo credito dispoñible, seguindo a orde ascendente do resultado do sorteo anterior.

Coma o prazo para inscribirse no comedor para o mes de setembro xa finalizou, a concesión da beca de comedor dos menores beneficiarios trala ampliación de credito, será efectiva a partir do 1 de octubro.

Por tanto, as persoas beneficiarias desta proposta complementaria deberán facer as xestións oportunas co proveedor do comedor do seu centro escolar para contar cunha praza dispoñible na modalidade presencial de luns a venres no mes de octubro. 

NOTA: A ANPA Monte do Muiño manifesta a súa disconformidade coa proposta complementaria, o considerala insuficiente. As medidas correctivas deberían ter beneficiado a todalas persoas que obtiveran a denegación da beca por criterios de desempate. As medidas adoptadas non axudan as familias e quedan lonxe de facilitar a conciliación familiar e laboral.