209 2024ANPA Monte Do Muíño

Detalle noticia

BLog Img
08/09/2024 Publicado por: ANPA Familia 336 Visto

SOLICITUDE do FONDO DE LIBROS para o curso 2024-2025

Indicacións e prazos para a solicitude dos libros que forman parte do fondo para o curso 2024-2025

Grazas ás doazóns das familias, foi posible formar un fondo de libros para a axuda das familias de primaria do CEIPP Novo Mesoiro de cara ao novo curso 2024/2025.

Todas aquelas familias que teñan interese en solicitar libros do fondo formado para o curso 2024/2025 deberán cumprir os criterios e seguir o procedemento de solicitude, indicados a continuación.

CRITERIOS DE ACESO E PRIORIDADE NAS SOLICITUDES:

  1. Poderá beneficiarse o alumnado do CEIPP Novo Mesoiro no curso 2024/2025. A solicitude está aberta a todo o alumnado do CEIP, sexa ou non socio desta ANPA.
  2. Ter solicitada a Axuda de Libros (concedida ou denegada) para o curso 2024/2025. Referente o procedemento ED330B: PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA
    ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
  3. Terán maior prioridade as familias cunha situación socioeconómica que sufrira modificacións no último ano, demostrando mediante a documentación correspondente (tarxeta do paro, xustificante de redución de xornada, sentenza de separación, etc.).
  4. O alumnado o que se lle concenderán 4 libros na Axuda deste curso, poderá optar os dous adicionais.
  5. Asignaráse un número a cada solicitude recibida, por estrito orde de chegada da petición. No caso de que se reciban máis solicitudes que libros dispoñibles na oferta, faráse un sorteo para a adxudicación (soamente coas solicitudes necesarias) en base a este número asignado na recepción da solicitude.

Animamos a calquera familia que, necesitando os libros, non cumpra os criterios, por algún motivo non contemplado, a que nos achegue o seu caso para poder valoralo.

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE E ADXUDICACIÓN:

  1. O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto entre o 23/07/2024 e o 18/08/2024.
  2. Enviar un email a info@anpamontedomuino.es co asunto "Solicitude Fondo de Libros 2024-2025".
  3. Indicar no email: nome do alumno, curso e os libros que se solicitan, 
  4. So no caso de que fora preciso:
    1. Solicitaráse documentación adicional para a concesión dos libros (xustificación de variación da situación socioeconómica).
    2. Realizaráse sorteo para a adxudicación dos libros, en base ao número asignado coa presentación da solicitude por email.
  5. Adxudicación:
    1. Unha vez pechado o prazo de solicitude, procederemos a revisar os datos e realizar o reparto de exemplares segundo os criterios indicados.
    2. De cara a primeira semana de setembro comunicarase, en resposta ao email recibido, a concesión ou non dos libros que corresponda.
    3. No email de resposta indicarase o lugar e data para a recollida dos libros.
    4. No caso de quedar libros adxudicados e que finalmente non foran recollidos, notificarase en resposta ao mesmo email a retirada da asignación e otorgaranse o seguinte na lista de petición (se existira).
    5. No caso de existir libros sobrantes, a súa asignación podería realizarse (de acordo coa directiva do CEIPP Novo Mesoiro) ao longo do curso, ou quedar en depósito para o curso seguinte.

LIBROS DISPOÑIBLES PARA O CURSO 2024/2025:

ENTREGA E XESTIÓN DOS LIBROS DO FONDO

08/09/2024:

As familias solicitantes do fondo de libros recibiron no mes de agosto un email sobre a asignación ou non dos libros solicitados, e o procedemento para a entrega dos mesmos.

Actualmente, temos todavía dispoñibilidade de libros a excepción de 6ºEP (onde foi necesario realizar sorteo para a entrega dos libros).

Os libros pertencentes a este fondo, deberán ser devoltos a ANPA unha vez rematado o curso escolar 2024/2025 para poder ser reutilizados nos sucesivos cursos.

 

Moitas grazas de antemán!

Imaxe de: https://www.freepik.es/