209 2024ANPA Monte Do Muíño

Detalle noticia

BLog Img
24/06/2024 Publicado por: ANPA AMPA 1023 Visto

ALTAS, RENOVACIÓNS E BAIXAS DE SOCIOS DO CURSO 2024-2025

O prazo de ALTAS e RENOVACIÓNS de SOCIOS da ANPA, estará aberto do 24-06 o 07-07. Información para BAIXAS de socio.
Queridas FAMILIAS,
 
Para os trámites do curso 2024/2025, unificáronse os prazos de alta e renovación, o periodo será entre o 24/06/24 e o 07/07/24 (ambos inclusive).
NOTA: A noite do 23/06, o sistema se actualizará para pasar a reflexar os datos de cara ao novo curso.
O longo do mes de xullo, revisaremos as altas e renovacións, e iremos asignando o número de socio correspondente as ALTAS.
 
No mes de setembro, todos deberiades ter correctamente rexistrada a información da familia na área de socio (sede especialmente coidadosos co nome, apelidos, DNI, curso dos alumnos, grupo, etc.). Tede en conta que esta información utilizase para xestionar o reparto de cheques da subvención de comedor, contrastar listados coas empresas concesionarias dos servizos (comedor, extraescolares, etc.), e outros temas derivados da xestión da ANPA.
 
Soamente serán válidas as renovacións e altas rexistradas a través da área de socio, e co recibo adxunto da transferencia. 
 
IMPORTANTE: Recordamos que, este curso, foron unificadas as tarifas dos servizos xestionados pola ANPA para socios e non socios, pero os NON Socios deberán aboar a matrícula de 100€ que da acceso os servizos (socios da ANPA exentos do pago).
Os socios que non se atopen ao corrente do pago da cota, durante o curso 2024/2025, non terán dereito a voto e deberán aboar a matrícula de acceso os servizos.
 
INFORMACIÓN PARA O PAGO DA COTA DE SOCIO DO CURSO 2024/2025:
O pago da cota se realizará mediante transferencia bancaria a conta da ANPA.
Recordámosvos que a cota se abona por FAMILIA, nun único pago anual
Revisade ben as indicacións para a transferencia, dado que información incorrecta pode dar lugar a non validar a renovación ou alta do socio.
  • CONTA BANCARIA DA ANPA (ABANCA)ES18 2080 0068 7730 4003 6982 
  • IMPORTE DA COTA: Variable segundo o número de alumn@s no centro:
    • 25€ para familias cun so alumn@ no centro
    • 35€ para familias con dous ou máis alumn@s no centro.
  • CONCEPTO TRANSFERENCIA: Variable en función de que se realice unha ALTA ou unha RENOVACIÓN.
  • ALTA DE SOCIO. Indicar o texto: "ALTA: APELIDO1 APELIDO2"
  • RENOVACIÓN DE SOCIO. Indicar o texto: "RENOVACIÓN: APELIDO1 APELIDO2 - SOCIO: XXX"

Sendo "APELIDO1 APELIDO2" os da familia, e dicir, os do/s alumn@/s.

Sendo "XXX" o número de socio que realiza a renovación.

27/06/24: Información para as renovacións: Actualmente TODOS os socios figuramos como "Non socios", esta situación será temporal ata que se verifiquen os pagos e xustificantes do novo curso. 

Aplicouse unha corrección no sistema para que, a pesear de constar como non socios, poidades ver o voso número de socio na "Información persoal" da vosa área privada.

BAIXAS DE SOCIO:

Aqueles socios que desexen darse de baixa de cara ao curso 2024/2025, poderán facelo tamén dende o 24/06, e en calquera momento no que o desexen.

Para solicitar a baixa:

  1. Acceder a área do socio: Área familias: Acceso Área Familias (anpamontedomuino.es)
  2. Acceder a "Servizos contratados"
  3. Solicitar a baixa da ANPA mediante a opción "Formulario de Baixa".
  4. Mostraranse os datos da familia a dar de baixa, se poderá introducir un texto explicativo do motivo da baixa, e finalmente se deberá premer sobre "Enviar a solicitude".

Se tedes calquera dubida ou consulta, contactadenos no correo da asociación: info@anpamontedomuino.es

Moitas gracias!

Xunta Directiva ANPA Monte do Muiño