209 2024ANPA Monte Do Muíño

Detalle noticia

BLog Img
12/06/2024 Publicado por: ANPA Familia 149 Visto

FONDO DE LIBROS para o curso 2024-2025

Creación do Fondo de Libros, para axudar as familias con alumnado en primaria do CEIP Pl. Novo Mesoiro

Dende o ANPA Monte do Muíño en colaboración co CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro, queremos poñer en marcha un fondo de libros escolares, co fin de axudar a aquelas familias que o precisen. Por iso, necesitamos a vosa colaboración!

Todas aquelas familias que teñan libros de 3º a 6º de primaria do curso actual 2023/2024 e desexen doalos, soamente terán que:

  1. Enviar un email a info@anpamontedomuino.es cos datos do alumn@ e o curso, co asunto "Fondo de libros"
  2. O último día de clase, os libros quedarán na aula e recollerémolos alí, para incorporalos ao fondo de libros.

Ás persoas que queiran doar os libros de 3º ou 5º de primaria referentes ao curso 2022/2023 (os de 4º e 6º de ese curso non servirían), terán que:

  1. Deixalos na conserxaría ao longo da semana do 17 ao 21 de xuño.

Animámosvos a colaborar, para que pouco a pouco tódalas familias poidan ter o recurso dos libros de balde.

NOTA: Unha vez dispoñamos de tódolos libros doados, informaremos da dispoñibilidade e o procedemento para a súa solicitude.

Moitas grazas de antemán!

Imaxe de: https://www.freepik.es/