¡¡¡¡¡FESTA FIN DE CURSO 2023-2024!!!!
Chega o momento de festexar! A gran festa de fin de curso do noso cole terá lugar o 14.06.2024
A festa de fin do curso 2023/2024, terá lugar o venres 14 de xuño entre as 17h e as 20h, na pista polideportiva do CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro.
Por mor da festa, tódalas actividades extraescolares dese día rematarán as 17h. Por tanto, veranse afectadas as extraescolares de: Cociña, Fútbol e Baile Galego.
ACLARACIÓN: O alumnado de primaria que quede a comedor, e non a extraescolares, o día da festa sairán polo ximnasio (igual que infantil). Desculpade as molestias.
Colaboraremos para a recollida de alimentos non perecedoiros coa ONG Renacer. Agradecemos colaboredes con esta iniciativa!
Os titores que desexen colaborar coa ANPA no desenvolvemento da festa, tarefas durante ou posterior a celebración (limpeza e recollida das instalacións), pregamos manden un email antes do día 12/06 a info@anpamontedomuino.es
ENTRADA:
- A entrada será de balde para os socios da ANPA Monte do Muiño, o alumnado non socio desta ANPA deberá adquirir a entrada previamente a festa.
- Haberá control de acceso, soamente poderá acceder o alumnado do CEIP Pl. Novo Mesoiro, acompañado por irmás/ns (maiores ou pequenos) e non máis de dous adultos por unidade familiar.
- A entrada estará permitida dende as 16:45, pero as actividades non darán comezo ata as 17:00.
- Identificación no acceso:
- SOCIOS da ANPA: Presentando o código QR, dispoñible na área privada de socio. Podedes traer unha captura de pantalla para axilizar o proceso.
- NON SOCIOS da ANPA: Presentando a entrada.
- Venda de entradas (soamente para NON socios): as entradas se venderán no local da ANPA (sito no lateral exterior do edificio, accedendo pola entrada principal do cole).
- 5€ por alumn@ e serán nominativas. Os titores non abonarán entrada.
- Para a compra da entrada, deberá mostrarse o Abalar para acreditar que o alumn@ estea matriculado no centro.
- Días de venda:
- Venres 7 de xuño de 17:00 a 18:00h
- Martes 11 de xuño de 16:10 a 17:00h
- NOVA DATA!!!: Xoves 13 de xuño de 16:00 a 17:00h
- NON SE VENDERÁN ENTRADAS O DÍA DA FESTA
ORGANIZACIÓN DA FESTA:
- O alumnado deberá estar supervisado polos seus titores en todo momento.
- Existirán monitores nas actividades, pero estes non se responsabilizarán do alumnado participante.
- NON está permitida a captación de imaxes doutros menores, nin a distribución das mesmas. Esta ANPA NON SE FAI RESPONSABLE DA CAPTACIÓN E DISTRIBUCIÓN DE IMAXES SEN PERMISO.
- Haberá inchables, inchables de auga (sempre que a climatoloxía o permita), actividades, música e festa da escuma o remate.
- Repartiremos auga e un pequeno pícnic o alumnado, gratuitamente no momento do acceso a festa.
- Hora sen música entre as 19:00 e as 20:00. Coincidindo coa celebración da festa da escuma, se apagará a música para dar cabida o alumnado con sensibilidade auditiva.
- ACONSELLAMOS: Traer roupa cómoda e unha muda seca para o remate da festa. Haberá actividades de auga polo que bañador, chancletas, escarpíns ou similar, toallas, etc., serían elementos útiles.
- PREGAMOS: Non deixedes lixo tirado polo chan e coidedes as instalacións, o CEIP é de e para todos e precisamos coidalo como se merece.
ACLARACIÓN "CÓDIGO QR" E "CARNÉ DE SOCIO ANPA":
- Os socios deberán identificarse como tal no acceso a festa, noutro caso non se permitirá a entrada.
- Para a identificación dos socios deberá presentarse o código QR, que podedes obter na vosa área privada de socio:
- Accedendo a vosa información de socio mediante a "área familias" dispoñible na web.
- Baixo o menú de opcións tedes dous accesos "Carné de socio ANPA" e "Código QR".
- Para axilizar a entrada e evitar problemas de conexións, claves, etc., podedes traer a captura do carné e o código QR xa no voso móvil.
- IMPORTANTE! No caso de que o alumnado veña acompañado de avós, tíos, etc., deberán presentar igualmente esta información na entrada.
- Recordamos que o carné físico de socio NON é válido dende a entrada en funcionamento da aplicación, os carnés físicos antigos non están sellados nin actualizados, polo que non será un documento válido.
- Obtención do carné e o código QR:

ESPERÁMOSVOS!
GRAZAS POLA COLABORACIÓN
XUNTA DIRECTIVA ANPA MONTE DO MUIÑO