209 2024ANPA Monte Do Muíño

Detalle noticia

BLog Img
21/05/2024 Publicado por: ANPA CEIP 107 Visto

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar 24-25

A Xunta abre o 21.05.24 o prazo para a solicitude de participación no fondo solidario de libros e axudas para libros de texto e material escolar

O CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro, publicou na súa web a información para a solicitude e presentación da documentación necesaria para solicitar as axudas destinadas a "Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2024/2025".

"Publicada a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H)."

O prazo de presentación das solicitudes (preferiblemente por vía electrónica, aínda que se poden presentar na secretaría do centro), abarcan do 21/05/2024 ata o 21/06/2024. Aproximadamente a finais de xuño, o noso CEIP informará na súa web e mediante Abalar as datas de publicación das listaxes provisional e definitiva.

Podedes consultar as condicións e documentación desta convocatoria na web do cole, no apartado dedicado a axuda.