209 2024ANPA Monte Do Muíño

Detalle noticia

BLog Img

CAMPAMENTOS CEIP PL. NOVO MESOIRO VERÁN 2024

Condicións e relación de campamentos que se levarán a cabo no noso CEIP este verán de 2024

Boas Familias!

Este verán imos teremos dúas modalidades distintas de campamentos no CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro

XUÑO e XULLO: CAMPACOLE

Este curso, e por primeira vez, somos sede do campamento do Concello da Coruña, xestionado pola Federación de ANPAs. 

Podedes consultar as condicións detalladas para a solicitude de praza na web do concello (aquí) ou no cartel axunto a esta nova.

QUENDAS DO CAMPACOLE:

  • Quenda 1ª: do 25 ao 28 de xuño
  • Quenda 2ª: do 1 ao 15 de xullo
  • Quenda 3ª: do 16 ao 31 de xullo

HORARIOS: de 10:00 a 14:00h, con opción de madrugadores dende as 8:30 e comedor ata as 15:30 (saída dende as 15:00).

TARIFAS:

  • Quenda 1ª: 4 días
    • Campacole: 16€
    • Madrugadores sen/con almorzo: 8€/15€
    • Comedor: 22€
  • Quenda 2ª/3ª: 11 días
    • Campacole: 40€
    • Madrugadores sen/con almorzo: 20€/36€
    • Comedor: 60€
  • Seguro de accidentes: 4€ (exento de pago o alumnado inscrito nalgún programa ofertado pola Federación de ANPAs no curso 2023/2024)

DESCONTO: do 50% sobre a tarifa de "Campacole" para os beneficiarios da beca comedor no curso 2023/2024.

DATAS importantes para a SOLICITUDE DO CAMPACOLE:

- Preinscrición: 20, 21 e 22 de maio 2024 na web da Federación de ANPAs

- Publicación de listaxes de preinscrit@s: 31 de maio

- Reclamación as listaxes de preinscrit@s: 31 de maio e 3 de xuño

- Sorteo de prazas: 5 de xuño

- Publicación de listaxes de admitid@s: 11 de xuño:

- Inscrición e abono: 11 ao 17 de xuño

- Xestión de listaxe de agarda: A partir do 18 de xuño

AGOSTO e SETEMBRO: SEROCIO

Como noutras edicións, o Campamento de Verán SerOcio 2024 estará dispoñible tamén para o alumnado doutros colexios, pero este verán só nos meses de agosto e setembro.

O campamento estará dispoñible no noso centro dende o mes de agosto e ata o comezo do curso escolar (é dicir, con remate o día 10 de setembro). Ofrecerase como días soltos ou semanalmente, coa excepción dos días 1 e 2 de agosto, así coma o 9 e 10 de setembro, nos que a oferta será en formato día solto.

Tendes o cartel promocional de SerOcio axunto a esta nova.

INSCRICIÓN no enlaceAgosto e Setembro con Serocio

HORARIO: De 09:00 a 14:00, con servicio de madrugadores dende as 07:45 e de comedor ata as 16:00.

CAMBIACUEIROS: Este ano como novidade, ofertan o servizo de cambiacueiros cun custo por intervención e co fin de facilitar a conciliación os titores.

TARIFAS:

  • Campamento: 69 €/semana
  • Día solto: 15 €/día
  • Comedor: 6 €/día
  • Madrugadores: 4 €/día
  • Cambiacueiros: 2,5€/cambio

*Se é a primeira vez que acode a algunha actividade/campamento neste curso 2023/2024 se sumarán 5 € de seguro.

DESCONTOS: os descontos son acumulables e soamente se aplican sobre a tarifa de "campamento". Non se aplicarán a madrugadores, comedor, nin sobre días soltos.

  • 10% socios de ANPAs ou asociacións/empresas asociadas e usuarios de Calaparc
  • 5% se traes a un/ha amigo/a ou irmá/n
  • 5% por inscribirte antes do 20/6/2024 (06/06/2024: Rectificación da data fin do desconto)

ACTIVIDADES: Farán un montón de xogos, deporte, cociña, música, manualidades e moitos talleres divertidísimos. Dúas excursións ou actividades especiais aseguradas.

Excursións confirmadas: bolera, camas elásticas, hinchables, karts, hinchables de auga, festa da escuma, visita a museos, laser tag, kayak, paddel sup, contacontos, visita ao teatro, e moitas sorpresas máis.

RESERVA DE PRAZA: O número de prazas é limitado, e serán asignadas por estrito orde de inscrición, tendo sempre preferencia o alumnado do propio centro, e dentro destes os socios da ANPA.

CANCELACIÓN: Soamente se devolverá o importe abonado por causa médica xustificada. En caso de ser por outra causa ou motivo, se poderá cambiar a inscrición para calquera outra semana ou campamento.

CONSULTAS: E-Mail SerOcio ou whatsapp o 633 72 89 31