209 2024ANPA Monte Do Muíño

Pregunta frecuente

16/05/2024 Publicado por: ANPA FAQ 52 Visto

Visitas ó servizo de comedor

Procedemento a seguir para poder visitar o servizo de comedor

Segundo se recolle no REGULAMENTO DOS SERVIZOS:

As nais, pais ou titores do alumnado usuario do servizo de comedor, poderá facer uso puntualmente das visitas o servizo de comedor.
A finalidade destas visitas e que tódalas familias interesadas poidan presenciar o servizo de comedor, ver o funcionamento do mesmo, probar a comida e ver puntos de mellora do servizo.
O servizo se ofrecerá sen costo adicional o xa abonado polo alumnado como cota mensual (sexan ou non becados).

Para poder asistir como visitante o servizo, se indican a continuación os pasos que se deberán seguir:

a) As visitas se poderán realizar durante todo o ano lectivo, sempre que se avise cun mínimo de 48h de antelación.
b) Para solicitar a visita se deberán enviar os datos do solicitante, nome e DNI, mediante mensaxe de correo electrónico a ANPA Monte do Muiño.
c) A ANPA Monte do Muíño se encargará de avisar o CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro da visita, mediante correo electrónico,comunicando a visita e solicitando ó acceso ao centro.
d) Non será necesario comunicala visita a empresa encargada da xestión do comedor.
e) A entrada realizarase dende as 13:50 ata as 14:05, pola porta principal do centro, identificándose ante a persoa de conserxería, a partir desta hora non se poderá acudir  o colexio.
f) As visitas realizaranse no horario de comedor, dende as 14:00 ata as 16:00.
g) Unha vez chegado ó centro, a nai/pai/titor dirixirase a persoa coordinadora do servizo.
h) Non está permitido intervir no traballo dos monitores e/ou a persoa coordinadora do servizo.
i) Non está permitido baixo ningún concepto interactuar co alumnado.
j) O visitante poderá probar o menú do día, unha vez rematado o servizo do comedor ós alumnos, previa comunicación a persoa coordinadora.
k) Ao final da visita, o visitante enviará un e-mail a ANPA Monte do Muíño, contando a súa experiencia e as melloras que considera que se deberían trasladar a empresa encargada do servizo.

Calquera dúbida ou solicitude, poderedes remitila o E-mail da ANPA.