209 2024ANPA Monte Do Muíño

Detalle noticia

BLog Img
07/05/2024 Publicado por: ANPA AMPA 349 Visto

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DE SOCIOS - 14 DE MAIO DE 2024

Convocase a asemblea xeral extraordinaria de socios, que terá lugar o próximo 14 de maio de 2024

Acordo os estatutos da ANPA Monte do Muiño, procédese a convocar os socios desta ANPA a:

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

MARTES, 14 DE MAIO DE 2024

PRIMEIRA CONVOCATORIA: 18:30 Horas

SEGUNDA CONVOCATORIA: 19:00 Horas

LUGAR: CENTRO CÍVICO NOVO MESOIRO

ORDE DO DÍA:

  1. Aprobación da acta da asemblea ordinaria e extraordinaria, de data 30/11/2023.
  2. Regulamento do comedor: aprobación si procede.
  3. Extraescolares curso 2024/2025: información sobre os cambios a aplicar de cara a inscrición.
  4. Subvención comedor curso 2022/2023: información de situación.
  5. Rogos e preguntas

NOTA: En caso de non poder asistir, recordase os socios que poden facer uso da delegación de voto. Así mesmo, aqueles socios que non se atopen o corrente do pago da cota anual no curso 2023/2024, non terá dereito a voto.

Como información complementaria a esta convocatoria, poñemos a vosa disposición:

- Documento coa convocatoria da asamblea.

- Documento para a delegación de voto desta asamblea.

- A acta da asemblea xeral ordinaria e extraordinaria celebrada o 30/11/2023.

Na asemblea non se procederá a ler a acta, únicamente se dará aprobación a mesma coa conformidade dos membros asistentes, polo que agradeceríamos os socios procedan a súa lectura antes da asemblea. 

- Regulamento de Comedor: Tras a asemblea celebrada en novembro, na que non foi aprobado o regulamento presentado, esta ANPA procedeu a facer un novo regulamento. Este xa foi consensuado tanto coa empresa adxudicataria actual do servizo coma co equipo directivo do CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro.

Na asemblea non se procederá a ler o regulamento, senón a atender as dúbidas, suxerencias, etc, que poidan xurdir sobre o novo documento. Por este motivo, agradecemos os socios lean o citado documento previo a asemblea.

Recordamos que o "Regulamento de Comedor" e un documento que todalas ANPAs teñen a obriga de ter, e que reflícte as normas de funcionamento e convivencia dos servizos nel recollidos (comedor, madrugadores e cambiacueiros).

Este documento ten que estar aprobado polos socios nunha asemblea, por este motivo someteremos a votación a aprobación do novo regulamento.

Recordamos que as familias que non sexan socias ou non se atopen o corrente de pago da cota do curso 2023/2024 non terán dereito a voto, aínda que si poderán asistir a asemblea.

Para calquera dúbida podedes contactar con nos por correo electrónico a info@anpamontedomuino.es

Imagen: <a href="https://www.freepik.es/vector-gratis/ilustracion-gente-negocios-reunion_3395382.htm#query=asamblea%20socios&position=4&from_view=keyword&track=ais&uuid=494e9496-d605-4aa9-83eb-c5dbdd4e367d">Imagen de rawpixel.com</a> en Freepik