209 2024ANPA Monte Do Muíño

Detalle noticia

BLog Img
21/03/2024 Publicado por: ANPA Familia 92 Visto

DÍA DA ÁRBORE 2024

O alumnado do CEIP Pl. Novo Mesoiro planta as súas árbores

O 21 de marzo conmemorase o día da árbore, neste 2024 a ANPA Monte do Muiño ao igual que en anos anteriores, promoveu esta bonita iniciativa para dotar o cole e a súa contorna das árbores que tan necesarias son para a saúde do ecosistema.

O Día Forestal Mundial, e unha data acordada polos estados membros da FAO co fin de dar a coñecer a importancia dos bosques como territorios que provén de bens e servizos esenciais para o home e o mantemento de ecosistemas habitables.

Para conmemorar este día plantouse, na contorna da escola, unha árbore por cada aula (18 árbores nin nada menos), o alumnado puxolle nome a árbore da súa aula e colaborou no proceso da plantación.

Esta actividade realizouse en colaboración co profesorado do centro, titores voluntarios e membros da ANPA Monte do Muiño, así coma o alumnado do centro en todolos seus niveis, dende infantil ata o último curso de primaria.

O fin desta actividade é conciencialos en que as árbores teñen múltiples funcións, coas que participan no ciclo da natureza, dende xerar osíxeno ata ser o noso mellor aliado contra a crise climática. E é que as árbores son a base da supervivencia dos seres vivos que habitan na Terra, son a contorna natural perfecta onde se aloxan miles de especies de animais e plantas.

Co desenvolvemento desta actividade, ano tras ano, esta ANPA trata de contribuír a dotar os patios e exteriores do noso cole de zonas de sombra, que na actualidade escasean.

Queremos dar as grazas a todo o equipo docente do CEIP Pl. Novo Mesoiro por apoiar esta iniciativa, as familias que colaboraron tanto na preparación do terreo (os días previos) como no desenvolvemento da actividade, o alumnado do noso cole porque, coma sempre, están dispostos a aprender activamente e a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, pola doazón das 18 árbores plantadas este ano.

XUNTOS melloramos o cole, XUNTOS melloramos o planeta!