209 2024ANPA Monte Do Muíño

Detalle noticia

BLog Img
23/04/2024 Publicado por: ANPA Familia 85 Visto

DIA DO LIBRO 2024

Presentación e obradoiro "BURBULLAS DE CALMA SERENA" con Irene SanJuán ( a súa iulstradora)

O día 23-04-2024, con motivo da celebración do Día do Libro, dende a ANPA Monte do Muiño quixemos agasallar os nen@s do colexio cunha actividade.

Recibimos a visita de Irene Sanjuan, ilustradora do libro Burbullas de calma serena, escrito por Andrea Maceiras e publicado pola editorial Cuarto de Inverno.

Irene presentounos a historia de “Casiopea, Alma e Orión”, unha historia que nos invita a descubrir e aceptar as nosas emocións dende o humor e a fantasía.

Aproveitando a sua visita, tamén se levou a cabo un pequeno taller, onde se ensinou os nen@s a xestións das emocións, xa que como descubrimos nesta historia, o problema é que, as veces, as emocións estouran como burbullas:

“Casiopea é unha gata doméstica, pouco afeita ás aventuras. Non pode imaxinar que será a primeira gata de Agarimo en ver un alien, tampouco que o acollerá na súa casa nin o desastre que se vai formar.

Do outro lado da rúa, Alma vive con ansiedade a chegada dos seus tres terribles curmáns. Noa está sempre enfadada, Luc non para de chorar e Nico só cala e observa. Así é imposible concentrarse nos deberes de matemáticas!

Malia todo, Agarimo non é un lugar tan tranquilo como parece... E un alien capaz de fundir todas as luces da urbanización cando perde os nervios non é un segredo fácil de agochar.

Se cadra, no planeta Sosego teñen razón e a calma é a solución perfecta.

O problema é que, ás veces, as emocións estouran coma burbullas.”

O alumnado de primaria do noso cole gozou das explicacións de Irene e desfrutou coas actividades preparadas.

En grupos de dous cursos (1º-2º, 3º-4º e 5º-6º), o noso alumnado escoitou atentamente a Irene, en canto a realización do seu traballo e o libro. Os nosos nen@s debuxaron as súas burbullas, cos seus medos, e os de 5º puideron desfrutar con ela dun taller onde ademáis debuxou e explicou como era o proceso de creación e debuxo da protagonista de "Burbullas de calma serena".

Irene tuvo o detalle de asinarnos dous exemplares do libro para o noso cole, pero sobre todo de deixarnos un moi bo recordo dunha experiencia fantástica.

AGRADECEMOS a Irene Sanjuan, esta incrible maña que fixo pasar a todol@s nen@s do centro. Se queredes saber maís dos seus proxectos podedela seguir a través do seu Instagram @irenesanjuanilustra

E, coma sempre, a súa colaboración o CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro, o que lle damos as grazas por deixarnos levar a cabo este proxecto.