209 2024ANPA Monte Do Muíño

Detalle noticia

BLog Img
21/06/2024 Publicado por: ANPA Otros 188 Visto

BOLSAS COMEDOR CURSO 2024-2025

Aberta a convocatoria de bolsas comedor para o curso 2024-2025 do Concello da Coruña, entre o 17-04-2024 e o 08-05-2024. Requerimentos 25-06 a 08-07.

O Concello abre o prazo para presentar as solicitudes de bolsas comedor para o vindeiro curso escolar (2024-2025), periodo de presentación entre o 17-04-2024 e o 08-05-2024.

Podese consultar a información da convocatoria na sede electrónica do concello: Detalle Bolsa Comedor 2024-2025

21/06/2024: Publicación da listaxe de requirimentos de corrección de Bolsa comedor, convocatoria 2024/2025. 

O prazo para presentar a documentación requirida é do 25 de xuño ao 8 de xullo, ambos os incluídos.

Detalle publicación Concello listas e requerimentos

O programa, que conta cun orzamento de máis de dous millóns de euros, forma parte do compromiso do Goberno de Inés Rey coas familias da cidade que teñen máis dificultades económicas ou deben realizar un maior esforzo de conciliación.

A convocatoria diríxese ao alumnado empadroado no termo municipal da Coruña e matriculado en centros con 2.º ciclo de educación infantil, educación primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e ciclos formativos de grao medio de formación profesional e formación profesional básica.

A documentación para estas axudas poderase presentar no rexistro telemático da sede electrónica municipal ou de forma presencial nos rexistros de María Pita, Centro Sociocultural Ágora, Fórum Metropolitano, rúa da Franxa e no rexistro do Centro Cívico de Novo Mesoiro.

Na web tamén se poden descargar os formularios para levar a cabo o proceso.

As persoas interesadas poden recibir máis información nos centros cívicos municipais, no teléfono de atención cidadá 010 é na web.

Ademais realizaranse sesións informativas nos centros cívicos nas seguintes datas:

  • 24 de abril, mércores, no Centro Cívico Os Mallos ás 18.00 horas.
  • 25 de abril, xoves, no Centro Cívico Mesoiro ás 20.00 horas.
  • 26 de abril, venres, no Centro Cívico Monte Alto ás 11.30 horas.
  • 30 de abril, martes, no Centro Cívico San Diego ás 10.00 horas

NOTA: Entre outros requisitos para acceder á bolsa:

  • A/O alumna/o solicitante deberá ter un DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido.
  • A asistencia ao comedor será obrigatoria durante todo o período lectivo (de setembro a xuño).